• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

Máis de 10 anos de BUEUMOSTRA

BUEUMOSTRA, o evento de promoción comercial por excelencia da nosa Comarca, é o lugar onde as empresas aúnan as súas forzas para chegar máis lonxe do que poderían facelo individualmente, ofrecendo unha visión conxunta do que supón o tecido comercial do Morrazo aos potenciais clientes que visiten o evento.

Dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, co apoio dos organismos públicos e a ilusión de tódolos empresarios-expositores en BUEUMOSTRA, púxose en marcha, hai xa 11 anos, a primeira edición deste tipo de eventos no contorno, converténdose nun éxito de afluencia e nun referente para a Comarca.

Dende o Comité Organizador de BUEUMOSTRA téntase levar a cabo un proxecto que permita aos empresarios da comarca e contorno, poder seguir medrando, expandindo a imaxe comercial do negocio.

A mostra, así mesmo, posibilita a interacción entre as empresas participantes, permitindo a posibilidade de alianzas comerciais e suma de sinerxias, que redundarán no beneficio das empresas implicadas, servindo eficazmente de instrumento de expansión nun contexto de continua mellora e especialización das empresas.

É significativo o feito de que no ano 2009 incrementouse a participación de novos expositores que percibiron que este era o escenario perfecto para promocionarse, ampliar o seu ámbito de actuación epoder acadar contratacións, xa que a visita de 15.000 clientes que finalmente visitaron a mostra, sería imposibre no propio negocio. Representando aos máis diversos sectores, as empresas participantes foron un total de 68.

¿Porqué participar?

FORTALECER A RELACIÓN PERSOAL COS SEUS CLIENTES

As relacións persoais son esenciais nos negocios. Bueumostra permitiralle contactar cara a cara cunha enorme concentración de clientes nun breve prazo de tempo.

TOMAR O PULSO AO MERCADO

É imprescindible observar de cerca o mercado. En Bueumostra examinará a acollida dos seus propios produtos e a actividade dos seus competidores.

SAIR AO ENCONTRO DAS OPORTUNIDADES

Hai que estar onde xorden as oportunidades. En Bueumostra identificará posibles clientes, detectará futuros negocios.

CONSOLIDAR A SÚA IMAXE DE MARCA

A imaxe de marca é un valor comercial primordial. En Bueumostra amosará o mellor da súa empresa, todo o que desexa transmitir da súa identidade e capacidade, como vostede quere comunicalo. Creará marca.

SITUAR A SÚA EMPRESA E OS SEUS PRODUTOS EN ALTA VISIBILIDADE SECTORIAL

Bueumostra é un privilexiado escaparate. É o lugar idóneo para darse a coñecer, presentarse como parte dun sector.

MOSTRAR OS SEUS PRODUTOS EN DIRECTO

Para convencer, moitos produtos precisan unha mostra directa. En Bueumostra os seus clientes verá e tocarán, apreciarán ao máximo.

Actividades de Ocio

Esta undécima edición de BUEUMOSTRA contará, coma noutras ocasións, cun programa de actividades de animación que sorprenderá tanto a nenos coma maiores.

Realizáronse actividades en BUEUMOSTRA 2010 o Sábado 24 e o Domingo 25, nos que os animadores fixeron as delicias de pequenos e maiores por todo o recinto da mostra, alternando xogos actividades, bullicio polos pasillos de Bueumostra e por suposto globoflexia. Foron os integrantes de Troula Animación os encargados de facer rir e disfrutar a tódolos visitantes.

Os horarios nos que se desenvolveron as actividades foron os seguintes:

MAÑÁ: de 11:30 h. a 13:30 h.
TARDE: de 18:30 h. a 21:00 h.

Descarga o folleto de Actividades 

Plano e Expositores participantes nesta edición

Presentación de BUEUMOSTRA 2010

15/07/2010 Esta mañá ás 13:00 h. presentouse oficialmente en Bueu a 11ª Edición de BUEUMOSTRA, Mostra Multisectorial da Comarca do Morrazo. Na Alcaldía de Bueu asinouse esta mañá o convenio de colaboración entre FECIMO e o Concello de Bueu para a organización deste evento.

BUEUMOSTRA 2010 está organizado como un evento dirixido a potenciais expositores do sector industrial e comercial a nivel comarcal onde as pequenas empresas teñen a oportunidade de exhibir os seus produtos e servizos nunha superficie de exposición de aproximadamente 5.000 metros cadrados, convertíndose polo tanto, nun espazo no que as empresas poden atopar un gran aliado nas súas accións comerciais, á vez que ofertar unha visión global do desenvolvemento económico e das posibilidades de crecemento da Comarca.

Ambas partes consideran convinte seguir apostando na tarefa de concienciación das vantaxes do pequeno e mediano comercio, promocionando a compra no mercado comarcal.

O Concello de Bueu colabora economicamente para a celebración de BUEUMOSTRA 2010.

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), segue adiante coa organización do evento, realizando tódalas xestións necesarias.

BUEUMOSTRA 2010 celebrarase do 23 ao 25 de xullo, en horario de 11:00h. a 14:00h. e de 17:30h. a 22:30h., sendo a súa Inauguración o Venres 23 ás 12:00h. da mañá.

Este ano a carpa estase a montar no contorno do Campo de Fútbol de Bueu, exactamente na zona de aparcamentos, dado que o recinto do campo desaparecerá.

Serán 3 carpas, nas que se pretende acadar os 15.000 visitantes do pasado ano 2009 durante os 3 días de mostra. A entrada este ano será gratuita.

As empresas participantes pertencen a multitude de sectores coma moda e complementos, menaxe e fogar, construción, alimentación, deportes, estética, etc.

Patrocinan o evento: A Consellería de Economía e Industria – Dirección Xeral de Comercio, o Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, Caixanova e a propia Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo.

Bueumostra pecha o ciclo de feiras estivais organizadas por FECIMO

27/07/2010 Despois de Alternalia 2010 en Moaña e a 5ª Feira de Oportunidades celebrada en Cangas, Bueumostra 2010 – IX Mostra Multisectorial da Comarca do Morrazo – pecha as súas portas cunha moderada satisfacción da organización nesta difícil época para os negocios.

Pese ás altas temperaturas que marcaron a fin de semana do 23 aó 25 deste mes de Xullo, moitos escolleron visitar Bueumostra no seu tempo de ocio e sobre todo o Domingo se notou unha gran afluencia de público.

Entre os comerciantes tamén se viviu unha sensación positiva. Saben que nunha feira de mostras destas características o importante non é vender senón darse a coñecer e amosar o producto en directo, informar a novos clientes, coñecer á competencia ou facer sinerxias con empresas do mesmo sector ou doutro diferente, etc.

Nesta decimoprimeira edición, 44 expositores de diversos sectores percibiron que este era o escenario perfecto para promocionarse, xa que a afluencia de clientes da mostra sería imposible no propio negocio.

Dende a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, co apoio dos organismos públicos, os patrocinadores e a ilusión de tódolos empresarios participantes, púxose en marcha, hai 11 anos, a primeira edición deste tipo de eventos no contorno, converténdose nun éxito de afluencia e nun referente para a Comarca.En palabras do alcalde de Bueu, D. Félix Juncal, “este é un ano de transición” no que foi todo un éxito sacar adiante Bueumostra. O ano que ven tentaremos darlle unha volta ó evento e introducir chamativas novidades.

Foi a primeira vez que a mostra cambiou a súa ubicación para instalarse no aparcamento do Campo de Fútbol, xa que o campo desapareceu para darlle outro uso urbanístico. Para o ano que vén, este aparcamento convertirase nunha zona verde, polo que Bueumostra buscará outra zona céntrica para desenvolverse.

Publicación na prensa

GALERÍA FOTOGRÁFICA

ORGANIZAN:

COLABORAN :