• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

09

Feb

2017

Case 100 establecementos da comarca se suman á homenaxe a Rosalía de Castro

Por, Fecimo Últimas Noticias Comments: no comments

09/02/2017 Repartidos entre Bueu, Cangas e Moaña, os establecementos lucirán vinilos nos seus escaparates lembrando o 180 aniversario do nacemento da autora.

XOVES 9 FEBRERIO ÚLTIMO DÍA INSCRICIÓN

A piques de rematar o prazo de adhesión a esta campaña, xa son preto de 100 os establecementos comerciais e pequenas empresas que decidiron implicarse na homenaxe a Rosalía de Castro.

Lembramos que a mediados deste mes os escaparates ou portas ( segundo a súa preferencia) das empresas adheridas lucirán o retrato da autora xunto con estrofas dos seus poemas, referíndose ao seu 180 aniversario.

Os vinilos permanecerán visibles ata comezos de marzo, despois dos diversos actos que se leven a cabo por parte dos concellos e de diferentes asociacións culturais, conmemorando o nacemento da autora.

FECIMO pola súa parte lanzará un sorteo a través de Vive O Morrazo (unha comunidade con máis de 5000 fans) onde poder acadar un cuantioso cheque-compra e outras sorpresas.

O comercio da comarca sempre deu mostras da súa implicación coa cultura e de xeito habitual utiliza a súa proximidade coa comunidade veciñal para lanzar mensaxes tan importantes coma esta, lembrar que Rosalía de Castro é unha figura emblemática da nosa literatura.

Histórico