• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

Un dos compromisos ineludibles da nosa Federación é a promoción das nosas empresas en conxunto. É por iso, que dende FECIMO apostamos por diversos formatos coma feiras multisectoriais, de oportunidadesexposicións lúdico-educativas e a organización e/ou colaboración con calquera tipo de evento que contribúa á promoción do comercio e das empresas da comarca. A continuación presentamos as últimas exposicións e feiras organizadas por nós:

BUEUMOSTRA, o evento de promoción comercial por excelencia da nosa Comarca, é o lugar onde as empresas aúnan as súas forzas para chegar máis lonxe do que poderían facelo individualmente, ofrecendo unha visión conxunta do que supón o tecido comercial do Morrazo aos potenciais clientes que visiten o evento.

ALTERNALIA, Mostra de Bioconstrución, Enerxías Renovables e Ecoloxía xurde das Xornadas Técnicas de Bioconstrución e Enerxías Alternativas que se leva organizando nos últimos anos entre o Concello de Moaña e o Departamento de Electricidade do IES A Paralaia.

Feira de Oportunidades do Morrazo concíbese coma un espazo no que as empresas asociadas a FECIMO poden baleirar os seus almacéns e desfacerse de stocks ou mesmo produtos de tempada a prezos moi atractivos.