Imprimir

Bueu ten un Comercio de Película

O Comercio de Bueu entrega os premios da súa campaña " DE PELÍCULA"

15/09/2015 Hoxe tivo lugar a entrega dos premios da campaña "Bueu ten un comercio de Película".

ganadores Bueu Pelcula 2015 1O pasado sábado día 12 de setembro celebrouse en Bueu o sorteo da campaña “Bueu ten un comercio de película” celebrada paralelamente ao FIC Bueu.

Foi durante a gala de clausura do festival de curtametraxes cando unha man inocente do público subiu ao escenario a sacar as papeletas gañadoras da furna.

Unha vez comprobado que os datos estaban correctos, o presentador procedeu a anunciar os seus nomes:

- Premio 50€: Margarita Álvarez Álvarez - Premio 50€: Pedro Docampo Pousada - Premio 50€: Verónica López Villar - Premio 50€: Fátima Diéguez Pais - Premio de 100€ para Juan José Estévez Pasten.

Esta mesma mañá fíxose a entrega de premios na Sala Amalia Domínguez Búa.

Todos eles son veciños de Bueu e amosáronse moi contentos co premio.

Para acadar o premio tiveron do 4 ao 12 de setembro para percorrer os escaparates da vila e acertar que películas se representaban neles. Unha vez recoñecidas, debían anotalas nun boleto de participación e depositalo na furna habilitada para o sorteo.

Algúns deles confesaban ter pasado unha tarde divertida acompañados polos seus fillos xogando ás películas. Os premios que recibiron foron en cheques- compra para canxear en calquera empresa de Bueu asociada a FECIMO.

FECIMO agradece a participación do público nesta campaña e sobre todo o traballo dos comercios á hora de colaborar coas pistas dos filmes nos seus escaparates.

Fotografías dos gañadores

  

O Comercio de Bueu xoga ás películas cos seus clientes

07/09/2015 O xoves 4 de setembro deu comezo a campaña "Bueu ten un Comercio de película" coincidindo coa celebración do FIC Bueu 2015, un evento cinematográfico de referencia na localidade. Fecimo, entidade organizadora da campaña, pretende facer visible ao comercio de Bueu, amosando as súas mellores galas e sendo visitados por multitude de persoas nestas datas. 

Escaparates película Bueu 2 MediumOs 26 comercios participantes xa están decorados co lema da campaña, un atracivo vinilo con cinta de película e claquetas. Ademáis, cada escaparate conta cun fotograma dunha famosa película e algúns elementos que dan pistas sobre o seu título.

Estas tendas son: 

• PLATERÍA-JOYERÍA CASTRO
• LIBRERÍA ABRENTE
•PANADERÍA AMADOR
•PANADERÍA ROMANO S.L.
•FERRAXERÍA CENTRA, S.L.
•OPTICA BUEU
•OXFORD BOUTIQUE
•MERCERÍA MERCAROUPA
•MERCAROUPA
•DIAMANT JOYAS
•LIBRERÍA MIRANDA
•NOUTRORA, S.L.
•AIO MILAR ELECTRODOMESTICOS
•EUGENIO BLANCO OPTICOS OPTOMETRISTAS
•ARTEGALIA
•AMANDO FOTOGRAFOS
•D ' TALLA
•REGALÍA
•LAMBONADAS LA MARAVILLA
•CENTRO DE FISIOTERAPIA NOVE
•XOANIÑA
•LIBRERÍA MARPAU
•BELAVISTA OPTICA E OPTOMETRIA
•MAXIBEBE
•LA FIORENTINA
•MERCAPRECIO

Os comerciantes volcáronse con esta decoración, aportando obxectos propios para a montaxe do escaparate, aínda que sen dúbida o máis chamativo é o Groucho Marx en tamaño real nun dos escaparates de Pazos Fontenla.

A mecánica do xogo Os clientes recollerán nestas tendas os folletos de participación. Deberán descubrir tres películas e escribilas no boleto xunto cos seus datos de contacto. Despois, depositalas na furna habilitada na sala Amalia Domínguez (Turismo) O sábado día 12 de setembro recollerase esta furna para levala na gala de entrega de premios do FIC Bueu 2015. No transcurso da gala será realizado o sorteo pero non é preciso estar presente, dado que os gañadores serán contactados por teléfono.

Os premios Os participantes optan a un dos 5 premios da campaña: - 1 premio de 100€ - 4 premios de 50€ Estes premios entregaranse en cheques-compra para utilizar no comercio local asociado de Bueu no prazo dun mes.

A organización agarda que sexa un xogo atractivo e divertido tanto para comerciantes como para os visitantes que percorran os escaparates da vila. Ademáis, o tecido empresarial reforza con esta campaña o seu apoio a un evento cultural como o FIC.

 Faro de Vigo.- sábado, 5 de setembro de 2015

Morrazoaldia.com.- sábado, 5 de setembro de 2015

  

Bueu ten un Comercio de Película

comercio de cine 114/08/2015 Coa campaña "Bueu ten un Comercio de película" preténdese facer visible ao comercio de Bueu, coincidindo coa celebración do FIC Bueu 2015, un evento cinematográfico de referencia, facendo que os establecementos amosen as súas mellores galas e sexan visitados por multitude de persoas nestas datas.

En qué consiste?

Realizaremos unha decoración conxunta para os comercios participantes cun atractivo vinilo. Unha empresa de escaparatismo será a encargada da súa instalación e dos elementos da campaña que utilicemos.

Darase a coñecer a campaña a vecinos e visitantes coa colaboración de animadores nas rúas comerciais.

Cal é a idea da promoción?

Queremos conseguir visibilidade, de modo que faremos un xogo para atraer o público ós escaparates.

Cada tenda terá no escaparate o fotograma dunha determinada película, así como algún elemento que a identifique. As persoas que desexen participar Terán que adivinar un número determinado de películas e cubrir un boleto de participación.

Deberán deposítalo nas furnas habilitadas na sala Amalia Domínguez Búa e no Centro Social do Mar.

O Sorteo realizarase na gala final do FIC, o sábado día 12 de setembro á noite. Non é preciso asistir persoalmente.

Os premios serán cheques compra para utilizar nos establecementos participantes.

Cal é o custo?

Trátase dunha campaña GRATUITA para dar a coñecer o comercio da localidade presentando os seus escaparates durante a semana do Festival de Curtas de Bueu 2015.

Inscríbete chamando ao teléfono 986305000 ou  mediante mail a   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

folleto campaña pelicula 2folleto campaña pelicula 1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (BASES BUEU COMERCIO DE PELÍCULA 2015_def.pdf)BASES_Un comercio de película 2015149

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo