Imprimir
set
02

AMODIÑA presentará un ano máis en Moaña a Moda do Comercio do Morrazo

Presentacin IV AMODIA 212302/09/2015 Hoxe mércores día 2 de setembro de 2015 preséntase de forma oficial, na sede de FECIMO en Cangas, a cuarta edición de “AMODIÑA”, a xa consolidada Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo, que presenta por cuarto ano consecutivo as propostas da tempada Outono/Inverno, no marco dun gran espectáculo audiovisual.

 

Mércores, 2 de setembro de 2015


27 negocios de moda e beleza nun espectáculo que implica a participación de máis de 80 persoas

IV AMODIA cartel 123A presentación corre a cargo de Xosé Bangueses - Presidente de FECIMO, Leticia Santos - Alcaldesa do Concello e Moaña e María Núñez - presidenta de ACIMO. FECIMO está a dar os últimos pasos na organización deste desfile que se celebrará o vindeiro día 19 de setembro, sábado, ás 21:00h no Paseo Marítimo de Moaña, con saída dende o Palco da Música.

Na mesa estiveron, de esquerda a dereita: María Núñez – Presidenta de ACIMO, Xosé Bangueses – Presidente de FECIMO, Leticia Santos – Alcaldesa do Concello de Moaña, Jacobo Gayo – responsable de GF-Studio.

É un evento multitudinario que sobrepasa os 2000 asistentes e preténdese que este ano sexa inesquecible.

Despois de tres anos de éxito, AMODIÑA consolídase como o evento de moda de referencia no Morrazo, no cal se pon en valor o sector comercio. Volverá a ser o escaparate urbano no que poder ver en vivo e directo os estilismos das tendas participantes de Bueu, Cangas e Moaña, a través dun espectáculo visual que mestura actuacións musicais e pases de moda, presentado por profesionais de renome no panorama artístico e televisivo. O paseo marítimo de Moaña bríndalle unha ubicación especial a este desfile, de acceso gratuito, amosando o potencial dun tecido comercial que nada ten que envexar ás grandes urbes.

AMODIÑA acolle este ano 27 negocios de moda e beleza nun espectáculo que implica a participación de máis de 80 persoas, dándolle carácter profesional á coordinación deste evento.

O gran escaparate da moda do Morrazo Será o escaparate da moda e as tendencias a todos os niveis, posto que se lle da cabida a diversos sectores como: - MODA INFANTIL - MODA HOME- MULLER - LENCERÍA - ZAPATERÍAS - COMPLEMENTOS - FLORERÍA - ÓPTICA - XOIERÍA - PERRUQUERÍA E ESTÉTICA

Coma nas edicións anteriores, entregarase ao público asistente un catálogo con todas as empresas participantes ordenadas por sectores, coa súa localización e contacto. Medios de comunicación e bloggers de moda contan, coma sempre, cun lugar preferente no para retransmitir cada detalle.

Carlos Blanco123Presentación do cartel promocional de AMODIÑA IV

No acto desta mañá foi presentado o cartel e os videos promocionais da 4ª edición de AMODIÑA. A realización corre a cargo de GF-Studio, profesionais de fotografía e video cunha gran experiencia no mundo da moda e con recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional.

Eles serán os encargados de plasmar todo o que aconteza na pasarela e conformar un album de fotografías a disposición dos comercios así como un video profesional de cada pase.

Como novidade, este ano utilizarase unha pantalla de gran formato que retransmitirá en directo aos asistentes os planos detalle de cada pase.

  

Un espazo para novos deseñadores

Cinco mozas da comarca apaixonadas da moda e formadas en  Deseño de Moda e Patronaxe na Escola Pin Factory de Vigo, centro altamente cualificado e de recoñecido prestixio no sector, participarán en AMODIÑA.

Estas xóvenes entusiastas interesáronse no evento e a organización quixo facelas partícipes do evento e que puidesen amosar o gran traballo que están a realizar, desexándolles os mellores éxitos nos seus proxectos.

Rosa Cedron123Elas son:

Anabel Santos Maribel Peláez Patricia Crujeiras Alba Barcia Sara Padín

Son asiduas participantes en diversos concurso de Moda en Galicia, acadando alguns premios:

Patricia Crujeiras_ Mellor deseño individual na Galicia Fashion Week na Zona 0

Anabel Santos_ 3º premio na Ferrol Fashion Nigh de Ferrol

Un desfile de moda no marco dun gran espectáculo

FECIMO conta este ano coa axencia New Models, con sede central en Vigo e máis de 10 anos de experiencia no sector, para a coordinación dos modelos e a creación das coreografías dos pases - unha historia visual e auditiva que sexa toda unha experiencia para o espectador.

Representantes da axencia estarán mañá participando como xurado no casting de modelos infantiles, para elixir os 34 nenos e nenas de idades comprendidas entre 3 e 9 anos que precisan as tendas de moda infantil. Contarase coa asistencia de máis de 150 cativos a este certame.

Boombox123A programación de AMODIÑA completarase con actuacións en directo que emocionarán aos espectadores, a cargo de Rosa Cedrón, coñecida pola súa traxectoria en “Luar na Lubre” e Boombox Escuela Urbana, que leva máis de 10 anos impartindo e compartindo danza en Cangas con clases onde se incide sobre todo no traballo coreográfico en moi diferentes estilos.

O conductor do evento será Carlos Blanco, coñecido polo seu traballo en teatro, cine e televisión. Actor e director galego, premiado en múltiples festivais, con recoñecidos e celebrados monólogos humorísticos e que bate récords de asistencia de público nos seus espectáculos en Galicia. 

Aposta polas redes sociais e as novas tecnoloxías FECIMO conta cunha páxina de facebook adicada estrictamente á pasarela AMODIÑA, para a comunicación do evento e para darlle máis visibilidade ás empresas participantes. Os videos e fotografías dos pases estarán a disponibilidade do público vía online para que non perdan detalle da moda que ven.

Faro de Vigo.- xoves, 3 de setembro de 2015

Morrazoaldia.com.-mércores, 2 de setembro de 2015

  

Spot Amodiña IV

 Making of Spot Amodiña IV

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo