Imprimir
Dec
23

25 PREMIOS ENTREGADOS ATA AGORA NA CAMPAÑA DE NADAL DO COMERCIO DO MORRAZO

EVA BARREIRO - 50 - SUPERMERCADOS COVIRAN23/12/2016 Xa foron preto de 2800 usuarios os que rexistraron os seus códigos de participación na páxina http://compranomorrazo.com/

 

 

 

Venres, 23 de decembro de 2016


Restan aínda por saír 26 premios directos

CARLOS GODOY - 50 - LAPAMÁN

Os premios da campaña que leva por nome “O Morrazo enche o teu Nadal” organizada por FECIMO e posta en marcha entre os seus asociados de Bueu, Cangas e Moaña, leva repartidos xa 25 premios directos, 23 deles foron de 50€ e 2 de 100€.

Coma sempre, estes premios son moi repartidos, saíndo 4 en Bueu, 10 en Cangas e 11 en Moaña. Os agraciados recolleron xa os seus cheques-compra nas oficinas de FECIMO en Cangas, acudindo co boleto premiado e o seu documento de identidade, para comprobar os datos introducidos na web.

Agora teñen ata o día 11 de febreiro para canxealos exclusivamente nas empresas participantes na campaña, que son un total de 167 establecementos de diversos sectores (comercio, hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.) onde mercar ou contratar o servizo que desexen.

TAMARA GUERRERO - 50 - FERRETERÍA CENTRALRestan aínda por saír 26 premios directos, así que os veciños poden continuar a obter códigos de participación coas súas compras.

Preto de 2800 clientes probaron sorte rexistrando as súas participacións na páxina web: www.compranomorrazo.com. Este ano disparouse a participación mediante dispositivos móbiles e tabletas, superando case por duplicado a participación dende ordenador de sobremesa, e confirmando a comodidade do sistema de participación e a súa inmediatez.


Como se informa na campaña, están en xogo máis de 6.000€: 45 premios de 50€, tres premios de 100€ e tres premios de 200€ que sairán ata o día 9 de xaneiro.

 

Ó finalizar a campaña celebrarase entre todos os códigos rexistrados un GRAN SORTEO FINAL de 3 premios de 1000€. Polo tanto é moi importante non tirar os boletos que non foron premiados porque aínda pode chegar a sorte.

 

TODAS AS FOTOS DOS GAÑADORES/AS 2016

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo