Imprimir
Xan
12

Finaliza a Campaña de Nadal das empresas do Morrazo entregando tres premios de 1000€

estrelaOs premios finais sorteáronse entre as preto de 50.000 participacións rexistradas no mes que durou a campaña

 

 

 

 

Xoves, 12 de xaneiro de 2017


sorteo premios 2016 17Onte ás 12:00h no salón de actos de FECIMO realizouse o sorteo dos grandes premios finais da súa Campaña de Nadal, 3 premios de 1000€: un entre as empresas que entregaron participacións en Bueu, outro en Cangas e outro en Moaña.

Foi nun acto aberto ao público, onde se presentou o sorteo aleatorio a través dunha aplicación informática. Este ano as cifras de participación roldan as do pasado ano, alcanzando case 50.000 participacións rexistradas.

O sorteo foi posto en marcha por unha man inocente que estaba presente no sorteo, e de seguido apareceron en pantalla os códigos gañadores e a empresa onde foron entregados. Unha vez comprobados os datos dos premiados no sistema, foron contactados por teléfono. Moi contentos, agradeceron o seus cheques-compra por valor de 1000€ que lles serán entregados en vindeiras datas nos establecementos que lles deron os boletos.

Este ano o azar quixo que foran tres mulleres da comarca as premiadas, que nomeamos a continuación:

5ISZ9E

Elena Paz Novas

Gañadora premio final de Bueu

ESTACIÓN DE SERVICIO LAPAMÁN

                1.000€

FRQ5F3

Ana Curras Giraldez

Gañadora premio final de Cangas

PEDRAS DE ALDÁN

                1.000€

UTMIJS

Blanca Romero Iglesias

Gañadora premio final de Moaña

DROGUERÍA CHÉVERE

                1.000€

 

Todos os gañadores/as, incluso os que obtiveron premios máis pequenos, teñen de prazo un mes a partir de hoxe día 11 de xaneiro para canxear os seus cheques-compra, e só poderán facelo nas empresas participantes da campaña de Nadal, que poden comprobar no enlace da páxina do sorteo:
http://compranomorrazo.com/establecementos-nadal


A campaña deste ano repartiu máis de 6.000€ en cheques compra.

Ao longo da campaña, que estivo en vixencia do 5 de decembro ao 9 de xaneiro foron entregados 45 premios de 50€, 3 premios de 100€ e 3 premios de 200€, moi repartidos entre as tres localidades.

Na campaña de Nadal, os clientes recibiron uns códigos de números e letras que tiveron que rexistrar en www.compranomorrazo.com. Este ano participaron 169 empresas repartindo participacións.

Esta campaña estivo incluída no PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DE FECIMO para a incentivación da demanda comercial da comarca do Morrazo. A lista total de premiados (adxunta, xunto con outros datos da campaña) atópase tamén na páxina www.compranomorrazo.com, e no facebook de Vive O Morrazo podese ver a galería de fotos dos premiados

anunciopremiados2017-01

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

+ INFO DA CAMPAÑA AQUÍ

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo