Imprimir
Feb
17

Establecementos de Bueu, Cangas e Moaña celebran a súa homenaxe a Rosalía cun sorteo de premios

camiseta-rosalia-web 17/02/2017 Un cheque-compra de 200€ e 26 camisetas de Rosalía están en xogo

 

 

 

 

 

 Venres, 17 de febreiro de 2017


 

sorteo-rosalia-webFECIMO puxo en marcha hoxe, da man dos seus establecementos asociados, un sorteo en relación ao 180 aniversario de Rosalía de Castro e que ten moito que ver coa decoración que luce xa en preto de 100 escaparates da comarca, co retrato e os versos desta poeta.

O sorteo deu comezo hoxe na páxina de facebook de Vive O Morrazo e para participar, os usuarios terán que facer un comentario subindo unha foto ou “selfie” nun escaparate ou porta decorada, indicando o nome do comercio onde se atopan.
Poderán repetir a súa participación sempre e cando o fagan dende un establecemento diferente.

Aquelas persoas que desexen subir a súa foto terán de prazo ata o domingo día 5 de marzo para facelo, pois esta decoración en vinilo permanecerá alo menos dúas semanas máis nas rúas da comarca. Ao rematar, o martes 7 se procederá ao sorteo de premios de xeito aleatorio entre todos os participantes.

O primeiro premio consistirá nun cheque-compra por valor de 200€ para canxear nas empresas asociadas a FECIMO e unha camiseta de Rosalía de Castro deseñada especialmente para a ocasión do seu 180 aniversario. Ademáis deste premio, sortearanse outras 25 camisetas entre o resto de participantes.


Agárdase que os máis de 5000 fans da páxina Vive O Morrazo – que comparte cada semana eventos e ofertas da nosa comarca – se volquen co concurso e o compartan coa súa rede de amizades, para facer máis visible se cabe a Rosalía.

 

ENLACE AO SORTEO!

 

O próximo venres 24 de febreiro de 2017 cumpliranse 180 anos do nacemento desta poeta, unha figura emblemática da cultura galega. Os preto de 100 establecementos do Morrazo, aos que se suman os edificios dos tres concellos de Bueu, Cangas e Moaña, quixeron rendirlle unha homenaxe colocando vinilos co seu retrato e os seus versos nos cristais de portas e escaparates. Xa está elaborado un álbum de fotos online con todos os participantes.
Rosalía pode verse entre as prendas...entre os complementos...entre os mobles...entre os libros...entre a alimentación..., segundo a organización “porque continúa con forza entre todos nós.” Desta forma lle dan os seus parabéns.

 

ÁLBUM DE FOTOS - 180 ANOS ROSALÍA DE CASTRO

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo