Imprimir
Mar
31

2 ABRIL - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

AUTISMO 2017 web31/03/2017 A pasada semana trasladamos aos nosos asociados a proposta que nos chegaba dende o colexio Compañía de María, para unirnos á divulgación do Día Mundial do Autismo. Por suposto moitos establecementos de Bueu, Cangas e Moaña se uniron para facer máis visible a este colectivo.

 

 

 

 

 

Venres, 31 de marzo de 2017


 

IMG 20170331 132911 Large

ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO

 

A Federación Autismo Galicia, en coordinación coa Confederación Autismo España e Autismo Europa, promoven unha campaña de concienciación baixo o tema ‘Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible’.

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer este trastorno á sociedade e atraer a atención sobre as barreiras ás que se enfrontan, xa que iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión do colectivo en todos os ámbitos da sociedade.

Dende o colexio Compañía de María nos comunicaron a idea de facer un acto conxunto o día 31 de marzo.

A proposta consistiu na colocación do cartel da campaña no establecemento comercial como mostra de sensibilización con este colectivo e as súas familias.

E tamén a colocación de globos de cor AZUL para acompañar ao cartel e que foron visibles hoxe por toda a comarca. Estanse levando a cabo moitas accións por todo o mundo nas que a cor azul é a protagonista.

 

No facebook de FECIMO compartimos algúns escaparates decorados para esta ocasión.

 

28.03.2017 FARO DE VIGO

3.04.2017 Celebrando el 2 de abril 2017 "Rompamos xuntos barreiras polo Autismo"

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo