Imprimir
Abr
27

ABANCA e Fecimo impulsan o crédito no Morrazo a clientes e asociados

FIRMA CONVENIO ABANCA 2017 2 Large27/04/2017 O banco e a federación asinan un texto de colaboración para mellorar a competitividade dos pequenos establecementos e impulsar as vendas na comarca
Os asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

 

 

 

Xoves, 27 de abril de 2017


 

FIRMA CONVENIO ABANCA LargeABANCA e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo) veñen de renovar a súa histórica colaboración en materia financeira co obxectivo posto en impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da comarca.

O presidente da asociación, Xosé Bangueses García, e o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, rubricaron hoxe na localidade un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial desta comarca pontevedresa. No acto tamén participou Ana María Ave Estévez, presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais de Bueu (ACIBU); Nélida Carracelas Nieto, presidenta da Asoación de Comerciantes de Cangas (ACICA); María Dolores Carabelos Mouco, presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña (ACIMO); e Pablo Pazos Santaclara, presidente da Asociación de Empresarios do Parque Industrial de Castiñeiras – Bueu (AEPICAS).

O convenio facilita que os comerciantes e empresarios de Cangas, Bueu e Moaña adheridos a Fecimo accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos sen xuros ou sen comisións, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior.


Servizo APLAZOS

Ademais, o documento asinado pon a disposición dos comerciantes do Morrazo a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo de financiamento no punto de venda, APLAZOS, nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) no establecemento ou sen TPV (a través da web). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

Os asociados a Fecimo poderán, ademais, acceder ás liñas especiais de financiamento incluídas no Plan Activamos para impulsar o emprendemento e os novos investimentos, así como a creación de emprego, a mellora da eficiencia enerxética das empresas ou atender necesidades de circulante. Tamén poderán beneficiarse das liñas de financiamento oficial de ICO e Igape, ou acollerse aos convenios que ABANCA mantén coa sociedade de garantía recíproca Sogargo.

Do mesmo xeito, os comerciantes e industriais morracenses poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

 

Fecimo naceu en 1992, aínda que é no ano 2000 cando se constitúe como órgano executivo comarcal, para potenciar o comercio tradicional da contorna e mellorar a súa competitividade, agrupando a día de hoxe os intereses de preto de 500 empresas e profesionais. Entre as iniciativas desenvolvidas nos últimos meses polo colectivo está a conmemoración do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a campaña contra a violencia de xénero levada a cabo xunto co Concello de Cangas ou as campañas específicas de Nadal, San Valentín ou Black Friday.

Pola súa parte, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo