Imprimir
Xuñ
02

Celebranse as asambleas xerais de Fecimo, Acimo, Acibu, Acica e Aepicas

DSC 0154

 30/05/2017 - O pasado martes 30 de maio celebrouse na sede da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO), as asambleas xerais das asociacións locais que conforman a Federación. En ditas asambleas informouse das contas das asociacións de ACIBU, ACICA, ACIMo, AEPICAS e FECIMO. 

Os asistentes á asamblea aprobaron por unanimidade as contas do 2016 e os orzamentos para 2017. 

Martes, 20 de Maio do 2017


 

O pasado martes 30 de maio celebraronse, na sede da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, as asambleas xerais de FECIMO, ACIBU, ACIMO, ACICA e AEPICAS. En dita asamblea presentaronse as contas do ano 2016 de todas as asociacións e foron aprobadas por maioría absoluta. Ademáis da presentación de conta realizouse a aprobación do orzamento para o ano 2017 e se repasou o plan de Dinamización Comercial especificado para este ano.

DSC 0154

 

Durante a reunión o presidente da Federación durante os últimos anos D. Xosé Bangueses, comunicou aos presentes o seu cese como presidente de FECIMO debido a que nos vindeiros meses se vai producir a sua xubilación. Bangueses agradeceu aos compañeiros/as a sua dedicación durante estes anos e animou a tódolas empresas asociadas e traballadores da Federación a continuar co traballo realizado co fin de que Fecimo poida cumprir outros 25 anos máis.

Finalizados os puntos a tratar e como ven sendo habitual cada ano, FECIMO presentou a súa edición impresa da Memoria de Actividades que recolle todas as actuacións levadas a cabo no ano 2016: campañas de promoción desenvoltas e eventos feirais xa tradicionais na contorna, proxectos destacados, actividades de formación, información e asesoramento ao asociado, etc.

Esta memoria supón o resumo dun ano cheo de actividades, e serve tamén como presentación para novas pequenas e medianas empresas da comarca que desexen coñecer a organización.

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo