Imprimir
Xuñ
26

Convocanse subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas galegos

15/06/2017 - A Xunta de Galicia ven de convocar as axudas para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas para o ano 2017. 

 

 

 


 As axudas enmárcanse en 3 liñas de actuacións subvencionables: 

  1. PROXECTOS DE MODERNIZACIÓN INTEGRAL DO LOCAL COMERCIAL.
    (Investimento máximo 30.000€ sen IVE) - Porcentaxe subvencionable: 50%
  2. PROXECTOS DE RENOVACIÓN E MELLORA DA IMAXE COMERCIAL
    (Investimento máximo 9.000€ sen IVE) - Porcentaxe subvencionable: 40%
  3. SERVIZOS DUN XESTOR DE REDES SOCIAIS
    (Ticket Social Commerce)

Para poder acceder a estas axudas as empresas interesadas deberán estar dadas de alta nalgún dos seguintes I.A.E. sendo dito I.A.E. a actividade principal do seu negocio.

LISTADO DE I.A.E.S. SUBVENCIONABLES
641 | 642 | 643 | 644 | 645 | 647.1 | 647.2 | 647.3 | 651 | 652.2 | 652.3 | 652.4 | 653 | 654.2 | 654.5 | 657 | 659.2 | 659.3 | 659.4 | 659.5 | 659.6 | 659.7 | 661.3 | 662.2 | 663 |

*Non se consideran gastos subvencionables:

> As obras e actuacións en dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda (probadores, baños, almacéns...)

> O permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.

> A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.

> A adquisición de materiais ou outros elementos para a realización das obras por parte do solicitante.

> A adquisición de bens usados, de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda posterior ao público e de expositores de carácter temporal ou uso exclusivo para campañas. 

> A adquisición de televisores e reprodutores de son ou imaxe.


 

COMO EMPRESA ASOCIADA A FECIMO PODEMOS TRAMITARLLE A SÚA SOLICITUDE SE ESTÁ INTERESADO PÍDANOS INFORMACIÓN.

Ligazón a información da subvención - A4_SUBVENCIONS_mail.pdf

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo