Imprimir
set
01

FECIMO abre o casting infantil para Amodiña 2017

CARTEL-CASTING-2017---pequenoFECIMO continúa coa organización da sexta edición de AMODIÑA – Pasarela de Moda do Morrazo, dando paso á elección dos modelos infantís que participarán lucindo as prendas do comercio local.

Este ano a federación precisa un total de 34 cativos, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, para os pases de moda infantil. Para isto, celebrará como cada ano un CASTING para coñecer aos novos talentos da
comarca e arredores.

O casting será o vindeiro día 13 de Setembro na planta superior da Praza de Abastos de Moaña, ás 17:00h. Os nenos e nenas participantes terán que amosar o seu estilo para desfilar baixo a atenta mirada do xurado, composto por membros da axencia contratada para a coordinación dos modelos ou profesionais do mundo da moda.

Durante a proba  na que se valorará que os pequenos se desenvolvan diante do público de xeito desenfadado, seranlle sacadas fotografías aos máis pequenos/as co fin de que se habituen a estar diante das cámaras.

A inscrición previa é obrigatoria e está aberta dende hoxe ata o 10 de Setembro ou ata que se cubran as primeiras 130 inscripcions. Pode realizarse a través do formulario que se atopa na web www.fecimo.es ou na ligazón ao pé da noticia, indicando os datos requeridos.

O pai/nai ou titor legal deberá autorizar debidamente a participación do neno ou nena no certame.

INSCRIBIRSE

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo