Imprimir
set
18

“BUEU TEN UN COMERCIO DE PELÍCULA” ANUNCIA OS GAÑADORES DO SORTEO


imaxe-premiados-ficbueu web

 

Tra-lo remate da Campaña "Bueu, ten un comercio de película" organizado en paralelo co Festival Internacional de Curtametraxes – FIC Bueu - e que deixou centos de boletos recibidos na furna ubicada no centro Social do Mar de Bueu, Xa temos gañadores. 

A principios do mes de Setembro e coincidindo co marco de actividades paralelas do FIC, Fecimo organizou por terceiro ano, a campaña "Bueu, ten un comercio de película.

28 comercios da Vila, decorados con motivos de diferentes películas, entregaron durante unha semana os miles de boletos rexistrados por fecimo para o evento. Na tarde-noite do Sábado 16 tivo lugar o sorteo do gañador de forma pública e tamén no marco das actividades do Fic.

No sorteo dos cinco premios, un de 100 euros e catro de 50 (en cheques-compra), resultaron gañadoras:

Eva Maluido Padín premiada cos 100€ en cheques-compra pola súa compra no centro de fisioterapia Nove e Lara Santome premiada en Regalía, Emerita Barreiro Vilas premiada en Mercaroupa, Nuria Caeiro Novas premiada na Librería Marpau e Andrea Fra Vazquez premiada na Panadería Amador quenes foron as gañadoras dos 4 premios de 50 € en cheques-compra.

Dende FECIMO xa foron contactadas para darlles a noraboa e xestionar a entrega dos seus premios.

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo