Imprimir
set
05

PRESENTACIÓN AMODIÑA VI - PASARELA DE MODA DO MORRAZO


FOTO-01

 

A presentación oficial da VI PASARELA DE MODA DO MORRAZO - AMODIÑA tivo lugar o día 5 de Setembro as 13:00h. no Salón de Plenos do Concello de Moaña.    

martes día 5 de setembro de 2017 preséntase de forma oficial, dende o salón de plenos do Concello de Moaña, a sexta edición de “AMODIÑA”, Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo, un evento de referencia na comarca para coñecer as propostas da tempada Outono/Inverno que estarán á venda no comercio local. Todo isto dentro dun gran espectáculo audiovisual con actuacións en directo.

A presentación corre a cargo de Xosé Bangueses - Presidente de FECIMO-, Leticia Santos – Alcaldesa de Moaña – e a comisión organizadora de AMODIÑA, integrada por membros da directiva de FECIMO.

Esta pasarela chega pisando forte para poñer en valor ás empresas do Morrazo. Presentará ao pé do mar, nun evento fresco e moderno, todo aquelo que se vai levar a próxima tempada, a través da escolla profesional de estilismos dos comerciantes de Bueu, Cangas e Moaña. AMODIÑA quere amosar a fortaleza das pequenas empresas de confianza que nestes tempos merecen toda a visibilidade que esta pasarela pode ofrecerlles. 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo