Imprimir

Campaña San Valentín 2011

CAMPAÑA SAN VALENTÍN 2011 "O Teu Día dos Namorados"

cartel_sanvalentin2011201/02/2011 Fecimo comezou a súa andaina polas redes sociais fai un par de meses, creando unha páxina en Facebook, que nesta semana acadou e mesmo superou xa os 1000 amigos.

Cada vez máis, estas persoas están visualizando e comentando as noticias que vai colgando a federación no seu “muro” de Facebook. Para agradecerlles a súa confianza, e dado que tan só quedan 15 días para o Día dos Namorados, plantexouse unha campaña especialmente para esta rede de amigos.

Trátase do concurso “O teu día dos namorados”, no que os participantes compartirán aquelas historias que fixeron do san Valentín un día moi especial para eles.

Os gañadores serán escollidos polos demais usuarios picando "me gusta" naquela historia que prefiran e aqueles usuarios con máis "me gusta" acadarán os premios do concurso.

Os premios:
O usuario con máis "me gusta" gañará unha NOITE INESQUECIBLE PARA DÚAS PERSOAS NO HOTEL BIENESTAR MOAÑA, CON ACCESO Ó CLUB TERMAL.

O segundo posto gañará un fantástico set de maletas de viaxe.
O terceiro posto acadará un conxunto de libros do Bichero de Luís Davila.
O cuarto posto levará un MP3 de 2 Gb de capacidade.
O quinto posto acadará un reloxo deportivo para cabaleiro.
O sexto e sétimo posto levarán unha mochila e unha bolsa para calzado cada un.


A promoción comezou o xoves 27 de xaneiro e remata o día 14/02/2011 ás 16:00h.
Xa están chegando historias do máis romántico ao muro deste concurso, que de paso lle dan ideas a todos aqueles que queiran ter un detalle coa súa parella nesta data.

Faro de Vigo.- mércores, 2 de febreiro de 2011

Galería Fotográfica

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo