Imprimir

Campaña do Día do Pai 2010

CAMPAÑA DO DÍA DO PAI 2010

dia_do_pai_web1Despois de comprobar o exitoso resultado da Campaña de San Valentín, queremos poñer en marcha a Campaña do Día do Pai, co mesmo sistema de participación. Cada vez que alguén merque nun comercio asociado da Comarca, poderá optar a diferentes premios directos e ó sorteo dun gran premio final.

O cliente poderá participar mercando no comercio ou empresas asociadas entre o día 5 e o 19 de marzo.

Co ticket de compra entregarase unha tarxeta cun código de números e letras (exemplo: X3W68J4). Entregarase un código por compra mínima de 10 euros e un máximo de 3 códigos por compra.

O cliente entrará na páxina web: www.fecimo.es e introducirá o código para saber se resulta premiado. Podes validar tantos códigos como queiras ó día.

Nese intre o cliente saberá se o seu código resultou premiado cun premio directo.

É moi importante gardar o código de participación e o ticket de compra como comprobante do premio. Se non resultou premiado, debe gardar igualmente o código.

PREMIOS DIRECTOS: Libros, Ceas, Servizos de saúde e beleza, Memorias USB, Maletíns e Sets de maletas de viaxe.

GRAN PREMIO FINAL: UNHA FANTÁSTICA VIAXE PARA DÚAS PERSOAS VALORADA EN 600 EUROS. (Destino e datas a elexir polo gañador/a)

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo