Imprimir

Campaña Volta ao Cole 2010

logo_volta_cole1Despois dos exitosos resultados de pasadas campañas como San Valentín, Día do Pai e Día da Nai, poñemos en marcha a campaña promocional da Volta ao Cole, destinada ás compras de Outono, en calquer sector.

O sistema de funcionamento será o mesmo que nas últimas ocasións. Cada vez que alguén compre nun establecemento asociado da Comarca, poderá optar a diferentes premios directos e ó sorteo dun gran premio final.

A promoción realizarase entre o 25 de Agosto e o 10 de Outubro. Co ticket de compra entregarase unha tarxeta cun código alfanumérico (exemplo: X3W68J4). Entregarase un código por compra mínima de 10 euros e un máximo de 3 códigos por compra.

Para participar o cliente entrará na páxina web: www.fecimo.es e introducirá o código para saber se resulta premiado. Pode validar tantos códigos como queira ó día.

Nese intre o cliente saberá se o seu código resultou premiado cun premio directo. É moi importante gardar ó código de participación e o ticket de compra como comprobante do premio.

Se non resultou premiado, debe gardar igualmente o código e o ticket de compra para o gran sorteo final que terá lugar ó remate da campaña.

Os premios directos son os seguintes:

  • 75 Kit de mochila + bolsa para calzado
  • 75 Mp3
  • 75 Reloxos deportivos
  • 50 Memorias USB de 2 GB
  • 10 Maletíns
  • 15 Sets de maletas de viaxe

O Gran Premio Final é Unha Fantástica Viaxe para dúas persoas valorada en 600 € ( Destino e datas a elexir polo gañador/a)

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo