Imprimir

Concurso "Fotografíate no Morrazo"

CONCURSO "FOTOGRAFÍATE NO MORRAZO"

fotografiatenomorrazo_def116/08/2011 FECIMO inicia unha nova promoción a través da páxina de Facebook Vive O Morrazo. Trátase dun concurso denominado "Fotografíate no Morrazo" no que os protagonistas son os propios participantes e a nosa comarca. Este concurso premiará a mellor fotografía recibida na que apareza o participante nalgún punto das poboacións de Bueu, Cangas e Moaña, posto que a temática é "O Morrazo e ti".

Para participar nesta iniciativa os fans de Vive O Morrazo deberán enviar a súa fotografía á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou entregala persoalmente en formato dixital nas oficinas de FECIMO, situada na Avda. Vigo, 91 - Baixo en Cangas. O horario é de 8 h a 15 h de luns a venres.

O asunto da mensaxe deberá conter "Concurso Fotografíate no Morrazo" e na mensaxe deberase indicar o perfil de usuario de facebook e o nome persoal do participante (nome e dous apelidos) para poder cotexar co seu DNI no caso de resultar gañador e un teléfono de contacto. A data límite de recepción de fotografías é o 21 de agosto de 2011 ás 00:00 h.

Unha vez rematado o prazo, o vindeiro 22 de agosto serán publicadas na páxina de Vive O Morrazo as fotografías recibidas coa finalidade de que sexan votadas polo resto dos usuarios ata o 31 de agosto. Os gañadores do concurso escolleranse por un xurado cualificado que elixiran entre aquelas fotografías que acadasen 40 ou máis votos.

Os premios foron os seguintes:

1º Premio: 150 € en vales-compra; para Lidia Martínez - cunha fotografía nocturna dende o Balcón do Rei.
2º Premio: 100 € en vales-compra; para Brais Marcos - cunha foto da Costa da Vela dende O Facho.
3º Premio: 50 € en vales-compra; para Xoan Arco da Vella - cunha foto da Costa da Vela.

O Gañador entre os votantes, galardonado cun cheque de 100 € en vales -compra, foi Rafael Álvarez Regueira.

Estes vales compra poderán ser efectivos en establecementos asociados a FECIMO.

Bases do Concurso

Galería Fotográfica

 

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo