Imprimir

Campaña "Volta ao Cole 2011"

CAMPAÑA "VOLTA AO COLE 2011"

voltaaocole1126/08/2011 Chegou xa o momento de prepararse para a VOLTA AO COLE, e as familias do Morrazo comezan a facer as súas compras de libros de texto e material escolar, preparando aos seus rapaces para este novo curso 2011/2012. 

FECIMO propón para estas datas a súa campaña de libreiros, que sorteará un total de 100 agasallos entre aqueles que merquen no comercio local asociado da nosa comarca. Por outra banda, a federación tamén desexa transmitir aos consumidores que o material deportivo, vestiario e todo aquilo que os rapaces precisen, se pode atopar nos establecementos do Morrazo, no comercio a pé de rúa. 

A campaña estará funcionando dende o 26 de agosto ata o 8 de outubro nas localidades de Bueu, Cangas e Moaña.

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo repartirá unha serie de rifas aos comercios participantes que o cliente encherá cos seus datos persoais. Participantes:

BUEU CANGAS MOAÑA

      - Copy.es
      - Librería Abrente
      - Librería Miranda
      - Librería Souto

      - Artiplan
      - Copytec
      - Librería Maraxe
      - Librería Viláfer

      - Kopiak
      - Librería Alborada
      - Librería A Xunqueira
      - Librería O Pontillón

      
Entre os 100 agasallos que están preparados, atópanse: 24 mochilas, 15 reloxos, 5 set de maletas, 38 portadocumentos e 18 bandoleiras.

Este sorteo realizarase ó finalizar da campaña, o día 11 de outubro, entre todas as papeletas participantes. Fecimo dará a coñecer os gañadores na súa páxina web o día 13 de outubro ás 12:00h da mañá. As librarías terán tamén o listado de gañadores a disposición dos participantes. Os gañadores terán tres meses a partir da súa publicación para a recollida dos regalos.

Bases da campaña

Listado de Gañadores
     

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo