Concurso Imaxe Campaña de Nadal 2011

María Novas Ferradás, autora da imaxe da Campaña de Nadal 2011

cartel_ganador_nadal2011

10/11/2011 Esta mañá en roda de prensa déronse a coñecer os traballos gañadores do “CONCURSO DE IMAXE PUBLICITARIA PARA A CAMPAÑA DE PROMOCIÓN COMERCIAL DO NADAL” que FECIMO organizou neste último mes.

O xurado acordou por unanimidade entregar os premios do concurso a:

  • Mellor Imaxe e Eslogan: María Novas Ferradás, cun premio de 400€ en cheques compra para gastar nos establecementos asociados. A obra gañadora da mellor imaxe e eslogan será o fundamental soporte sobre o que xire toda a publicidade da Campaña de Nadal deste ano.
  • Un accésit de 75€ en cheques compra para un traballo que foi realizado en equipo por dúas rapazas: María Vilariño Goberna e Sara Pequeño Salgueiro. Este accésit foi concedido polo completo traballo que presentaron en canto á estratexia publicitaria.
  • O segundo accésit de 75€ en cheques compra foi para: Irene Fariña Lamosa, pola orixinalidade do formato.

Mediante conversación telefónica coa gañadora do primeiro premio, puidemos saber que é unha rapaza de Bueu, de 24 anos, con estudos de arquitectura e aficionada ao deseño gráfico. As tres galardonadas amosáronse moi ilusionadas co premio e en breve as agardan na sede de FECIMO para felicitalas en persoa.

A federación quere agradecer tamén a participación dos demáis concursantes que quixeron aportar a súa idea para esta campaña de nadal das empresas da comarca.

Aquí temos a imaxe e eslogan gañadores e a súa autora, María Novas Ferradás:

Cartel_Mellor_Imaxe_e_Mellor_Eslogan

GAADORA_Maria_Novas_Ferrads

María Vilariño e Sara Pequeño acadaron un accésit pola idea de campaña:

Maria_Vilario_e_Sara_Pequeo_accesit1

Irene Fariña tamén posou co seu traballo, que recibiu un accésit polo seu formato orixinal:

Irene_Faria_Lamosa_accesit2

Novidosa iniciativa de FECIMO para buscar a imaxe da Campaña do Nadal

directiva_fecimo21/10/2011 A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo comezou xa a organización da Campaña de Nadal das empresas do Morrazo para o 2011, una das actividades máis importantes que a entidade realiza ao cabo do ano en materia de promoción e dinamización comercial na comarca.

Este ano, baixo o convencemento de involucrar á sociedade nas actividades da federación e como un paso máis dentro da Responsabilidade Social Empresarial na que a organización está a traballar, quixo convocarse un concurso público que seleccionará a imaxe publicitaria da Campaña de Nadal 2011.

O concurso está aberto a calquera persoa física, que participe de xeito individual ou en equipo. Dado que o concurso ten un carácter local, só poderán participar persoas naturais do Morrazo ou residentes.
 
FECIMO desexa dar a oportunidade aos propios cidadáns de participar na imaxe desta campaña que adornará o seu comercio de proximidade do que eles son os principais consumidores, e as rúas da súa vila.
 
presentacin_campaa_nadal_10A obra orixinal gañadora será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da Campaña de Nadal deste ano. Adaptarase aos diferentes formatos publicitarios: carteis, adornos para os establecementos, folletos, rifas, mupis, publicidade nos medios de comunicación, etc., que se considere oportuno.

O prazo de entrega dos traballos remata o Luns 7 de Novembro ás 20:00h.

O xurado estará formado por profesionais do mundo da arte, deseño, fotografía, etc. Haberá un premio de 300€ en cheques compra para gastar nos establecementos asociados, para a mellor imaxe. Así mesmo haberá un premio de 100€ para o mellor eslogan, que pode recaer na mesma obra premiada coa mellor imaxe. E por último entregaranse dous accésit cun premio de 75€ cada un en cheques-compra.

Nun acto público serán comunicados os nomes do gañadores. FECIMO non descarta a posibilidade de organizar unha exposición pública cos traballos presentados ao certame, pero o lugar e datas aínda está por determinar.

Anímase a todo interesado, con coñecementos artísticos ou non, a participar neste certame. Prégase ler detidamente as bases para unha correcta presentación das obras.

Outras Campañas de Nadal de FECIMO

La Voz de Galicia.- sábado 22 de outubro de 2011

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo