Imprimir

Campaña San Valentín 2012

 CAMPAÑA SAN VALENTÍN 2012 "NAMORADOS DO MORRAZO"

17/02/2012 Despois de dúas semanas de éxito, hoxe chegou o momento do sorteo da campaña “Namorados do Morrazo”, organizada dende FECIMO e que ten como obxectivo a promoción das empresas da comarca asociadas á federación.

SAN VALENTIN corazon 2012Do 1 ao 14 de Febreiro os participantes tiveron oportunidade de sacarse fotos nos seus establecementos favoritos de Bueu, Cangas e Moaña, para poder optar a algún dos sete premios en cheques-compra.

A campaña foi acollida por 92 empresas e os organizadores recibiron 340 fotografías que están recollidas tanto na galería fotográfica desta web como no facebook de Vive O Morrazo.

Despois do sorteo aleatorio entre todas elas, estes son os gañadores:

NOME EMPRESA PREMIO
LUCÍA ALFAYA MALVIDO EVITAYPUNTO 100 €
ÁNGELES GONZÁLEZ MOSQUERA JOYERÍA TERRA 50 €
ROSA FERNÁNDEZ CAMAÑO GIMNASIO DI SOM 50 €
SILVIA SOLIÑO MONROY ARUMES 25 €
FRANCISCO BERMÚDEZ CALVAR NOA COMPLEMENTOS 25 €
PAULA SANTOMÉ SEQUEIROS BOX WOMAN 25 €
RAQUEL GARCÍA ARUMES 25 €


FECIMO agradece tan alta participación e felicita aos sete premiados. Esta campaña foi quen de amosar a cantidade de xente que confía nas empresas locais e está disposta a declarar o seu amor por elas.

Fotografías dos gañadores

 

 

DA COMEZO A CAMPAÑA

SAN VALENTIN 2012corazon1101/02/2012 Sabemos que as nosas empresas traballan cada día por ofrecer o mellor servizo e mimar aos seus clientes. Para premiar este bo facer, neste San Valentín queremos dicirlle ao mundo que estamos namorados das empresas do Morrazo e queremos que os consumidores nos axuden a facelo.

Por iso queremos que os vosos clientes participen connosco na seguinte campaña de promoción:

1. Cada establecemento asociado a Fecimo contará cun corazón coa lenda “Namorados do Morrazo” e promoverá que os seus clientes se fagan unha foto no seu local con dito elemento. A foto poderá quitala o cliente ou o comerciante, a vosa elección.

Animamos aos asociados a sair na foto con eles!! se é que non vos da vergoña...

2. A foto deberá ser enviada á direción de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo cos seguintes datos:

-Nome do establecemento
-Nome e apelidos da persoa participante
-Teléfono
-E-mail de contacto

CARTEL ANUNCIADOR SAN VALENTIN 2012 23. Como queremos que todo o mundo sepa que os vosos clientes están namorados dos vosos negocios as fotos publicaranse na Páxina de Facebook ViveOMorrazo.

4. O prazo para enviar as fotos remata o 14 de Febreiro as 23:59h da noite.
Os consumidores poden participar con varias fotos en diferentes locais. Poderá ser nunha empresa de hostalaría, un comercio, cun autónomo...etc.

5. Entre as fotos recibidas sortearanse os  seguintes 7 premios:

- Un cheque-compra por valor de 100€
- Dous cheques-compra por valor de 50€
- Catro cheques-compra por valor de 25€

(premios en cheques-compra para gastar nas
empresas asociadas a FECIMO):

6. O sorteo realizarase o venres 17 de Febreiro e o resultado publicarase na web de Fecimo e en ViveOMorrazo.

COMO  PARTICIPAR?

- Colocar o cartel informativo da campaña nun lugar visible do seu establecemento.

- Ter a man o soporte en forma de corazón co lema “Namorados do Morrazo” para os clientes que desexen sacarse unha foto e participar. Tamén pode colocarse nalgún punto do establecemento.

- Estes elementos estarán á vosa disposición nas oficinas de FECIMO, xa impresos.
 
-Como alternativa, os elementos son enviados como arquivo adxunto a este email. Podes imprimilos no tamaño que desexes.

- Anima aos teus clientes a participar!! E sae con eles na foto, que mellor xeito de premiar a súa fidelidade e promocionar o teu negocio  :)


Se aínda non coñeces o facebook de Vive O Morrazo, unha idea da Federación para a promoción da nosa comarca, animámoste a que decargues e leas o arquivo adxunto no que explicamos en resumo de qué se trata esta iniciativa.

Envía a túa fotografía

Bases da Campaña 

Vive O Morrazo

Unha campaña de San Valentín para declarar o amor polo Morrazo

Centos de persoas decláranse “Namorados do Morrazo” na nova campaña das empresas da comarca

O concurso “Namorados do Morrazo” desvela hoxe o nome dos sete gañadores tras un gran éxito de participación

Galería Fotográfica

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (Cartel Informativo San Valentin 2012.pdf)Cartel Informativo443
Descargar este adjunto (Soporte en forma de corazon.pdf)Soporte Corazón426

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo