Imprimir
Feb
20

Concurso do Entroido 2012

CONCURSO DO ENTROIDO 2012 "...CONCURSO DE DISFRACES -  ENTROIDO NO MORRAZO..."

Concurso do Entroido 2012 117/02/2012 O entroido é unha das tradicións máis arraigadas no Morrazo. As comparsas e os desfiles de disfraces son un clásico na Comarca, por iso a Federación de Empresarios quere premiar a orixinalidade e dedicación de todos/as que fan o Entroido posible convocando este concurso de disfraces.

Para participar é moi sinxelo, só tendes que cargar a vosa foto disfrazados e conseguir o máximo número de votos posibles na páxina de Facebook de Vive O Morrazo.

O usuario que máis votos acade levará un premio de 100€ en vales compra, para gastar nos establecementos asociados a FECIMO.

Dádelle a "participar" para cargar as vosas fotos ou a "votar" para escoller o voso favorito entre as fotos cargadas.

As fotos poderán enviarse ata o 26 de Febreiro as 23:45 e poderán ser individuais ou en grupo!!

Moita sorte a todos/as!!

Vive O Morrazo

 

 

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (BASES ENTROIDO 2012.pdf)Bases do Concurso390

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo