Imprimir

Campaña Día do Pai 2012

 CAMPAÑA DÍA DO PAI “ATA O 19 DE MARZO NO MORRAZO, AGRADÉCELLO AO TEU PAI!!”

BOLETO dia do pai 2012 1209/03/2012 Este 19 de Marzo vai ser moi especial no Morrazo.

Os establecementos de Bueu, Cangas e Moaña teñen preparado un fantástico agasallo para sortear entre aqueles que decidan facer  as súas compras do DÍA DO PAI na Comarca.

A promoción é a seguinte:

1. Cada establecemento asociado a Fecimo contará cun cartel anunciador da Campaña do DÍA DO PAI coa lenda “Ata o 19 de Marzo no Morrazo, Agradécello ao teu pai!!”.

2. Contará tamén cun talonario de 50 boletos para repartir entre os seus clientes entre o 12 e o 18 de Marzo de 2012.

cartel dia do pai 2012 1Estes boletos deberán ir debidamente selados polo establecemento. O cliente que desexe participar deberá cubrir o boleto con estes datos:
 - NOME
 - APELIDOS
 - TELÉFONO

3. Dado que os boletos son limitados, aconsellamos entregar a razón de 1 participación por cada compra. Se esgota o taco de boletos pode poñerse en contacto con FECIMO por se houbese posibilidade de conseguir un segundo talonario.

4. O responsable do establecemento será quen habilite un espazo para depositar os boletos, ou ben será él quen os garde ata a data de recollida, que será o Luns día 19 de Marzo de 2012 durante a mañá. Poderán ser entregados en FECIMO ou ben o persoal das oficinas pasará polo seu establecemento.

5. O sorteo realizarase de xeito aleatorio entre todos os boletos recibidos, na tarde do día 19 de Marzo.

6. Entre os boletos recibidos sortearemos os seguintes premios:

- TRES PASEOS EN BARCO VELEIRO
Sortearase 1 paseo entre os clientes de Bueu, 1 paseo entre os de Cangas e 1 entre os de Moaña.
Poderán ir catro persoas a bordo do barco en cada paseo. A actividade será de 4 horas.

O disfrute do premio estará suxeito ás prediccións meteorolóxicas e á previa reserva do barco.

7. Os gañadores serán publicados o mesmo día do sorteo: 19 de Marzo de 2012 nesta páxina web e no facebook de Vive O Morrazo: www.facebook.com/ViveOMorrazo. Os gañadores serán notificados persoalmente por teléfono.

AGASALLO EXTRA:

- Todos aqueles clientes que coñezan e utilicen TWITTER, poden acadar un agasallo extra!
 - Para participar teñen que facer unha mención a @viveomorrazo cunha dedicatoria para o Día do Pai.
- Entre todas as que recibamos ata o 19 de Marzo, sorteamos 50€ en cheques-compra!! Para gastar nos establecementos asociados á federación.

FECIMO sortea tres paseos en Veleiro para a Campaña do Día do Pai

Sorteados os tres paseos en Veleiro da Campaña do Día do Pai 

Galería Fotográfica

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (BASES CAMPAÑA DÍA DO PAI 2012.pdf)Bases422
Descargar este adjunto (BOLETO dia do pai 2012.pdf)Boleto428
Descargar este adjunto (cartel_amarillo.pdf)Cartel432

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo