Imprimir

Campaña Día da Nai 2012

CAMPAÑA DÍA DA NAI "...E QUÉN MIMA A MAMÁ?"

cartel DIA DA NAI 201230/04/2012 O primeiro domingo de maio celebrarase o Día da Nai, e as empresas asociadas do Morrazo desexan celebralo dun xeito moi especial. 

 pegatinas NAI 2012Durante a próxima semana os establecementos participantes na Campaña do Día da Nai amosarán unha cartelería conxunta baixo o eslogan: “…e quén mima a mamá?”. Para os que queiran devolverlle ás súas nais todo o cariño recibido, poderán atopar nas empresas do Morrazo un mundo de posibilidades para escoller o mellor agasallo.

Os establecementos utilizarán tamén de forma conxunta unhas pegatinas na súa paquetería de regalo, facendo alusión ao Día da Nai. 
      
Serigrafia piruletas NAIO punto máis doce e agarimoso da semana o porán unhas piruletas serigrafiadas especialmente para a ocasión e que se repartirán entre os clientes coas súas compras.
      
A pequena e mediana empresa do Morrazo decidiu, nesta ocasión, mimar a súa relación cos clientes no punto de venta e amosarlle así o seu agradecemento pola confianza que están a poñer nos seus negocios.
      
As piruletas levan a lenda: ”facemos o teu día máis doce”, facendo fincapé no bo facer das nosas empresas e a boa relación que crea coa comunidade do seu contorno.

As empresas do Morrazo celebran un ´Día da Nai`moi doce

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (Cartel DIA DA NAI 2012.jpg)Cartel375
Descargar este adjunto (pegatinas nai 2012.jpg)Pegatinas364
Acceder a esta URL (http://www.fecimo.es/adjuntos/article/678/Serigrafia%20piruletas%20nai%202012.jpg)Serigrafia%20piruletas%20nai%202012.jpg38

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo