Imprimir

Pasarela de Moda 2012

A PRIMEIRA PASARELA "AMODIÑA DO MORRAZO" BRILLA CON LUZ PROPIA

amodina 324/09/2012 O pasado sábado ás 21:00 horas no contorno do Paseo Marítimo de Moaña tivo lugar a I Pasarela de Moda “Amodiña do Morrazo” organizada por FECIMO, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio, o Concello de Moaña e Novagalicia Banco.

Multitude de espectadores agardaban no contorno do Palco de Música o comezo dunha velada presentada por Beatriz Manjón e Rafa Durán.

Este público foi sorprendido cun comezo espectacular basado nunha alegoría da Poza da Moura, narración tradicional orixinaria da nosa comarca.

As 43 empresas participantes nesta I Pasarela deron a coñecer a tempada Outono – Inverno da man de máis de 60 modelos escollidos pola Axencia de Modelos Luena. A metade desta plantilla estivo formada polos nenos e nenas seleccionados nun casting ao que acudiron máis dunha centena de inscritos, e que iniciaron o desfile mostrando as novas tendencias en moda infantil e xuvenil.

amodina1Durante este evento exhibíronse multitude de produtos como moda home-muller, noivos e festa, lencería, complementos, moda infantil, deportes, óptica, peluquería e estética, xoiería, cosmética, decoración…etc.

A música foi outras das protagonistas nesta celebración que contou coa actuación de artista moañesa, Wöyza e Boombox Danza Urbana deleitou aos espectadores co seu baile.
O equipo de profesionais GF Studio dirixíu a produción audiovisual desta actividade e plasmarán todo o acontecido na mesma.

Dende a entidade organizadora queremos dar as grazas a todos aqueles profesionais que creron no proxecto e participaron no mesmo aportando os seus fantásticos produtos, o seu tempo, as súas ideas e as súas experiencias.

Gracias tamén ao noso público, que agardamos disfrutara ao máximo desta Iª Pasarela do Comercio do Morrazo.

Empresas participantes

Galería Fotográfica GF Studio

Avance Galería Fotográfica de Fecimo

Faro de Vigo.- venres, 21 de setembro de 2012

Faro de Vigo.- Domingo, 23 de setembro de 2012

Morrazo Tribuna.- Domingo, 23 de setembro de 2012

Flickr.- Domingo, 23 de setembro de 2012

Morrazo Tribuna.- Luns, 24 de setembro de 2012

Nyxstyle.- Luns, 24 de setembro de 2012

María Montesinos.- Pasarela " A MODIÑA DO MORRAZO"

Mimá Zapatos .- Luns, 24 de setembro de 2012

Mimá Zapatos.- martes, 13 de novembro de 2012

Imagen, Complementos & Regalos.- Algunos momentos en la pasarela

Lencería - Coquette Cangas.- Desfile Moaña "Amodiña"

La Pelu.- Peiteados realizados para a Pasarela  

Box Woman.- Amodiña do Morrazo (Urbano García) 

Box Woman.- A Modiña do Morrazo (Fotos Urbano García)

Te uVe Look.- Desfile Amodiña do Morrazo

arumes, jabones y velas artesanas.- "1º pasarela de moda do comercio do Morrazo"

www.rafaduran.com 

Millán Dasairas .- Desfilando al aire libre en Moaña

Vídeo - resumo da Pasarela

Vídeo Oficial.- GF Studio




 

  

I DESFILE DE MODA DO MORRAZO "AMODIÑA DO MORRAZO"

pasarela201223

Un desfile de moda é un medio a través do cal os pequenos establecementos comerciais poden difundir as tendencias a xerar o coñecemento das súas marcas comerciais, conseguindo cobertura nos medios de comunicación e a predisposición do público e clientes potenciais cara os seus negocios.

É o desexo de manter a visibilidade dos establecementos comerciais asociados o que levou a MOAÑACENTRO - Asociación de Comerciantes e Industriais de Moaña e FECIMO a plantexarse para este a ano a organización dunha gran PASARELA DE MODA, como xeito de difundir o seu produto.

Esta iniciativa terá lugar o vindeiro 22 de Setembro ás 21:00 horas no contorno do Paseo Marítimo de Moaña, co obxecto de dar a coñecer a tempada outono - inverno, demostrando así a diversidade do comercio da Comarca.

Serán 43 empresas as que presentarán os seus produtos nesta pasarela. As categorías nas que se encadran son diversas:
Manjon 1
* Moda Home-Muller

* Noivos e Festa
* Lencería
* Complementos
* Moda Infantil
* Deportes
* Óptica
* Perruquería e Estética
* Xoiería
* Cosmética
* Decoración

 rafa 1Cóntase tamén coa participación de profesionais con experiencia no ámbito da moda, como é o caso de GF Studio. Así mesmo contratouse a Axencia de Modelos Luena, que leva no seu curriculum a organización de numerosas pasarelas de moda pola comunidade Galega.

 Jacobo Gayo de GF Studio presentou o cartel co slogan “Amodiña do Morrazo”, e a imaxe da pasarela pretende trasladar o feito de que a moda non ten idade, para o cal representa a imaxen da moda, a través dun look xuvenil nunha persoa de 70 anos. 

   GF Studio, productora fotográfica e audiovisual de moda e publicidade, cun equipo de fotógrafos de primeiro nivel baixo a dirección de Jacobo Gayo, será a encargada de plasmar todo o que aconteza nesta gran pasarela.

 woyza 1Foron nominados ós PREMIOS GOYA DE FOTOGRAFÍA EN PUBLICIDADE no 2007 e no 2011. Compleméntanse cun equipo humano que está formado por publicistas, directores de arte, animadores, deseñadores gráficos, etc. todos eles profesionais de reconocido prestixio nacional e internacional. Entre os seus clientes atopamos: Blu:sens, Fundación Barrié, Siempreesviernes, María Mariño, Olga Santoni, Llongueras, BurgerKing, Bienestar Hoteles, Galiciademoda, Xosé Manuel Budiño, e moitos outros.  

 Celebridades da pequena pantalla

Os presentadores do evento serán Beatriz Manjón, periodista e presentadora na TVG, coñecida polos magacíns, A Revista da Fin de Semana e A Solaina e Rafa Durán, que actualmente presenta o programa da TVG “O Clan dos Impostores”. 

No desenvolvemento do certame, terán lugar actuacións musicais. Confirmouse a actuación de Wöyza, artista moañesa de HipHop, Soule R&B. 

 

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo