Imprimir

II Concurso Imaxe Campaña Nadal 2012

II CONCURSO IMAXE CAMPAÑA NADAL 2012

06/11/2012 Onte día 5 de novembro de 2012 reuníronse na sede de FECIMO en Cangas os membros do xurado do 2º Concurso de Imaxe da Campaña de Nadal para as empresas asociadas do Morrazo.

ganador cartel nadal 2012 11O xurado profesional estivo composto por:
     
      María Núñez Jalda - artista
      Xulio Lago – artista
      Martiño Villaverde – Deseñador gráfico e creativo
      Elena Gallego – xornalista, escritora.
Responsable de Morrazo Comercial en Faro de Vigo.

      Xosé Bangueses – Presidente de FECIMO
      
O traballo orixinal gañador será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da campaña deste ano, organizada por FECIMO.
      
Tras rematar o prazo de presentación de candidaturas o pasado 31 de Outubro, foron recibidos 26 traballos, todos realizados por persoas naturais ou residentes do Morrazo, como ben indicaban as bases do concurso.

O xurado acordou por unanimidade concederlle o premio á mellor Imaxe a: Miguel Alexandre Cereijo Graña, natural de Cangas e de 34 anos, autor dunha ilustración onde diferentes caras de cores forman unha árbore de Nadal. A partir de hoxe poderá disfrutar dos seus 300€ en cheques compra para canxear nos establecementos asociados a FECIMO de Cangas, Bueu ou Moaña.

Miguel Cereijo CARTEL NADAL 2012 11FECIMO felicitou ao gañador en persoa esta mesma mañá. Miguel é informático de profesión, e está comezando tamén a traballar en desenvolvemento e deseño web. Practica o deseño gráfico como afición, e motívase presentando os seus traballos a concursos, aínda que esta é a primeira vez que gaña un.
 
Di que este cartel, pensado expresamente para o concurso de FECIMO, define o seu estilo. Miguel parte de liñas e formas xeométricas simples para chegar a algo máis complexo, como neste caso unha árbore de Nadal formada por xente. Admite que se cadra esta vez lle quedou un tanto “picassiano”, como sinalaron algúns membros do xurado. 

A árbore de Miguel Alexandre Cereijo será a imaxe do Nadal deste ano para as empresas do Morrazo e dentro de pouco lucirá nos establecementos participantes, así como en octavillas, participacións, adornos, ademais de ser reproducido a gran tamaño para colocar nos “monolitos” ou “mupis” que FECIMO ten instalados nas rúas das vilas do Morrazo.
      
O premio ao mellor eslógan, desafortunadamente quedou deserto, ao non atopar ningún de calidade que ademais se adecuase a este cartel. Polo tanto o eslógan será proposto pola propia entidade con algunhas ideas que aportou o xurado onte.

 

FECIMO busca de novo a imaxe do Nadal entre os deseños dos morracenses 

interrogante imaxe_nadal_11_110/10/2012 A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo deu comezo á organización da Campaña de Nadal das empresas asociadas para este ano 2012, sendo unha das datas máis importantes do ano para os establecementos comerciais.

En próximas datas volveranse unir os esforzos de toda a Federación para motivar a promoción dos negocios locais e dinamizar as nosas vilas. Mais para darlle unha visión de conxunto á Campaña, fai falta escoller unha imaxe que a identifique.
       
Este ano, seguindo coa idea proposta no 2011, e baixo o convencemento de involucrar a todos os morracenses nas actividades da federación, a entidade convoca o segundo concurso público que seleccionará a imaxe publicitaria da Campaña de Nadal 2012. Quere que os propios cidadáns imaxinen a imaxe desta campaña para o comercio de proximidade e para as rúas da súa vila, onde eles son os principais consumidores.
       
O concurso está aberto a calquera persoa física, que participe de xeito individual ou en equipo. Dado que o concurso ten un carácter local, só poderán participar persoas naturais do Morrazo ou residentes. 
        
buscase cartel nadal 2012Así o/a gañador/a verá o seu deseño en toda a publicidade que FECIMO realice da campaña, incluindo paneis de gran formato na rúa, octavillas, anuncios en prensa, carteis, adornos, etc. A obra orixinal gañadora poderá ser adaptada polos técnicos de FECIMO aos diferentes formatos publicitarios que se considere oportuno.

O prazo de entrega dos traballos remata o Mércores 31 de Outubro ás 20:00h. 
       
O xurado estará formado por profesionais do mundo da arte, deseño, fotografía, etc., que se confirmarán máis adiante. 
       
PREMIOS:
       
Haberá un premio de 300€ en cheques compra para gastar nos establecementos asociados, para a mellor imaxe. 
       
Así mesmo haberá un premio de 100€ para o mellor eslogan, que pode recaer na mesma obra premiada coa mellor imaxe.

Nun acto público serán comunicados os nomes do gañadores. FECIMO non descarta a posibilidade de organizar unha exposición pública cos traballos presentados ao certame, pero o lugar e datas aínda está por determinar.

Anímase a todo interesado, con coñecementos artísticos ou non, a participar neste certame a partir de hoxe. Prégase ler detidamente as bases, que se detallan a continuación, para unha correcta presentación das obras.

Bases concurso

Descarga o Formulario de Participación

Concurso Imaxe Campaña Nadal 2011

Outras Campañas de Nadal de FECIMO

FECIMO busca de novo a imaxe do Nadal entre os deseños dos morracenses

Nunha semana remata o prazo para presentar Carteis de Nadal ao 2º Concurso de FECIMO

Miguel Cereijo, autor da imaxe da Campaña de Nadal 2012

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo