Imprimir

Gymkhana Nadal 2012

GYMKHANA NADAL 2012 "EN BUSCA DO TESOURO DO NADAL"

gymkhanabueu gymkhanacangas gymkhanamoaNa

Gran éxito de público nos tres sorteos da Gymkhana do Nadal

sorteo gymkhana bueu107/01/2013 A pasada semana celebráronse nas vilas de Bueu, Cangas e Moaña os sorteos da Gymkhana do Nadal. Os nenos tiveron 10 días para completar esta actividade, e como punto final foilles organizada unha gran festa especialmente pensada para eles.

ganadora cesta nadal bueu1

Nos puntos máis céntricos das vilas situáronse zonas de xogos, pinturas, globoflexia, maquillaxe infantil… e todo amenizado con música e baile da man duns divertidos piratas.

O mércores día 2 de xaneiro celebrouse en Bueu, na Praza do Concello. Como en todas as localidades, foi un éxito de público. Tras un bo rato de xogos para nenos e maiores, celebrouse o agardado sorteo, sendo éstes os afortunados:

- Daniel Otero Estévez, de 10 anos, gañou unha gran bolsa de chuches.
- Lara Santaclara Estévez, de 9 anos, foi a gañadora da Gran Cesta de Nadal
- Isay Rodríguez Fidalgo, de 7 anos, resultou gañador da Nintendo 3DS XL

ganador nintendo cangas1O xoves día 3 tocou o turno en Cangas, na Alameda Vella, e estes foron os gañadores da Gymkhana “En Busca do Tesouro do Nadal”:

- Xian Novoa Gutiérrez, de 7 anos, gañou unha gran bolsa de chuches.
- Gorka Santamaría Sánchez, de 4 anos, foi o gañador da Gran Cesta de Nadal
- Xian Riveiro Ramos, de 9 anos, resultou gañador da Nintendo 3DS XL

E finalmente o venres día 4 de xaneiro celebrouse a gran festa en Moaña, no entorno do Palco da Música. Cara ás seis e media da tarde sacáronse as papeletas gañadoras da Gymkhana do Nadal, sendo gañadores:

- Brais González Seoane, de 11 anos, resultou gañador da bolsa de chuches xigante.
- Ainoa Bamio Couso, de 8 anos, foi gañadora da gran Cesta de Nadal infantil.
- e a Nintendo 3DS XL levouna Javier Santomé Alves, de 8 anos.

Agradecemos a gran acollida que tivo a gymkhana durante o seu transcurso no mes de decembro, así como a asistencia de todos os nenos, nais e pais á súa clausura nas tres vilas do Morrazo, facendo destas xornadas unha gran festa de Nadal.

Bases Gymkhana

Galería Fotográfica

Circular Nadal 2012

Campaña Nadal 2012

FECIMO organiza unha actividade de promoción comercial para os establecementos comerciais do Morrazo

O venres 21 darase o pistoletazo de saída á gymkhana “En busca do tesouro do Nadal”

Sorteo de premios da gymkhana: “En Busca do Tesouro do Nadal”

Gran éxito de público nos tres sorteos da Gymkhana do Nadal

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo