Imprimir

Campaña San Valentín 2013

CAMPAÑA SAN VALENTÍN 2013 "EU AMO O MORRAZO"

cartel SAN VALENTIN 2013 101/02/2013 Este San Valentín queremos facer fincapé nun dos valores máis importantes das empresas locais: a proximidade e a confianza.

Son moitos os clientes namorados do Morrazo e do seu comercio, hostalaría, servizos...

Por que non darlle a oportunidade de que amosen ese amor en público?

Ademais, o Día dos Namorados e o Entroido van da man este ano, así que o faremos dun xeito moi divertido!

A continuación explicamos o funcionamento da campaña. As empresas asociadas que desexen adherirse, de forma GRATUITA, poderán facelo por teléfono ao 986305000.

A CAMPAÑA DARÁ COMEZO O VENRES DÍA 1 DE FEBREIRO

1. Cada establecemento asociado a FECIMO contará con diferentes elementos: corazóns, bocadillos de cómic co nome da tenda, gafas, beizos postizos...Terán a súa disposición en FECIMO os elementos de disfraz xa recortados e preparados, ademais dun cartel informativo.

Promoverá que os seus clientes se fagan unha foto no seu local coma se se tratase dun "photocall".

A foto poderá quitala o cliente ou o comerciante, a vosa elección.

Animamos aos asociados a sair na foto con eles! que mellor xeito de premiar a súa fidelidade e promocionar o teu negocio!

san valentin 2013 22. A foto deberá ser enviada á dirección de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo cos seguientes datos:

- Nome do establecemento
- Nome e apelidos da persoa participante
- Teléfono
- E-mail de contacto

3. Queremos que todo o mundo saiba que os vosos clientes están namorados dos vosos negocios, así que as fotos publicaranse na Páxina de Facebook ViveOMorrazo e tamén nesta web durante toda a campaña.

4. O prazo para enviar as fotos remata o 14 de febreiro ás 23:59 h.

Os consumidores poden participar con varias fotos sempre que sexan en locais diferentes, acumulando así maís participacións para o sorteo.

PREMIOS DA CAMPAÑA

Para o Cliente:

5. Entre todas as fotos recibidas sortearanse 3 premios valorados en 75€ cada un.

Os premiados poderán escoller entre:

- Hostalaría e restauración.
- Servizo de estética e saúde.
- Agasallos e complementos.

6. O sorteo realizarase o luns 18 de febreiro e o resultado publicarase na web de FECIMO e en ViveOMorrazo.

Para o Establecemento:

7. Este ano como novidade haberá un premio exclusivo para o establecemento que consiga máis fotos dos seus clientes. Poderá escoller entre:

- Un servizo de escaparatismo para a tempada de Primavera, valorado en 250€.
- Ou unha campaña de publicidade durante unha semana enteira na páxina www.farodevigo.es, sección Morrazo, valorado en 250€. 

Ver participantes

Nova Circular Informativa -Xaneiro 2012. Campaña San Valentín.

As empresas asociadas do Morrazo celebran un divertido San Valentín con premios para os seus clientes

Medio centenar de namorados do Morrazo participan xa coas súas fotografías na Campaña de San Valentín

Centos de veciños e veciñas do Morrazo amosan a súa confianza no comercio local

Publicados os nomes do tres gañadores/as da Campaña de San Valentín

 

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (Bases Campana San Valentin 2013.pdf)Bases da Campaña406
Descargar este adjunto (cartel SAN VALENTIN 2013.pdf)Cartel384
Descargar este adjunto (CIRCULAR San Valentin 2013.pdf)Circular414
Descargar este adjunto (FOLLETO San Valentin 2013.pdf)Folleto 399

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo