Imprimir

CAMPAÑA DO DÍA DA NAI 2010

cartel_dia_nai_foto_2010_1Despois de outras dúas promocións de carácter similar, FECIMO pon en marcha a súa Campaña do Día da Nai, que completa unha serie de concursos vía Internet levados a cabo nesta primavera de 2010.

Esta promoción dará comezo o vindeiro día 19 de Abril e rematará o 2 de Maio, Día da Nai. Nesa quincena os consumidores da nosa Comarca recibirán códigos de participación polas súas compras, que terán que validar na páxina web de Fecimo.

Coma en edicións anteriores, o consumidor saberá ó instante se acadou algún premio directo, que pode ser, entre outros: servizos de beleza, ceas para dúas persoas, libros, memorias USB, etc.

Pero sen dúbida o gran atractivo da campaña é o premio final, porque pola compra mínima de 10 euros nalgún establecemento participante, o cliente pode acadar unha viaxe para dúas persoas valorada en 600€, con destino e datas e elexir segundo lle conveña ó gañador.

O máis importante e que non deben esquecer os participantes é gardar o tícket de compra e código que lles foi entregado, como proba en caso de resultar premiado.

Este sorteo realizarase nos primeiros días de maio, entre tódolos códigos participantes que foran insertados na páxina promocional, e que non acadaran premio algún.

Será unha aplicación informática a que decida de forma aleatoria qué código é o gañador.

Estímase que máis de 100 empresas da comarca participarán entregando códigos ós seus clientes, e agárdase que sexan superados os 4.140 rexistros na páxina da promoción.

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo