Imprimir

II Festival Social Media de Galicia 2013 " #MEXILONSETUITS"

O Festival Social Media de Galicia consolídase coa entrega dos premios da segunda edición do #MEXILONSETUITS 

fotosalon mexilons03/06/2013 O Centro Social do Mar de Bueu acolleu onte a entrega dos premios da segunda edición do Festival do Social Media de Galicia, onde se deron cita preto de 200 persoas para coñecer os gañadores das oito categorías a concurso de entre os máis de 100 proxectos presentados.

Foto conjunto ganadores mexilonsA mañá arrancaba cos relatorios de Dani Martí e Adrián Rodríguez, que ilustraron aos asistentes sobre a súa experiencia como bloggers e experimentados profesionais do social media. Foi o aperitivo para o prato forte da xornada, que estivo conducida polo “larpeiro”, xornalista e presentador da TVG, Tomás Alonso, encargado de ir debullando as categorías a concurso.

Así, Elogia acadou o trofeo na Mellor Axencia; Mellor Campaña en Canles Sociais foi para Sabores de Ourense mentres que o gañador da categoría ao Mellor Video Viral foi para Rías Baixas Style. No caso das categorías dos blogs, o Mellor Blog Gastronómico foi para La Cocina de la Lechuza; Mellor Blog de Turismo foi para Vivir Galicia; Mellor Blog informativo/cultural recaeu en Vigo Low Cost; Mellor Blog Tecnolóxico foi para Mallando no Android e Fashion Low Cost alzouse co Mellor Blog de Moda. Todos eles conseguiron así o trofeo deseñado por José Cerviño para a ocasión, igual que o equipo de O Tempo da TVG, que obtiveron unha mención especial do xurado polo seu traballo de integración on line/off line.

ponencia mexilonsO Social Media Galego volveu demostrar, así a súa puxanza, cunha resposta moi positiva con cifras “virtuais” tamén foron excelentes e durante toda a mañá, a pesares dos problemas técnicos, as redes sociales fixéronse eco do hashtag #Mexilons. “Esta segunda edición supón para nós un reto e unha satisfacción para todos os implicados na organización deste II Festival do Social Media de Galicia, e para todos os que se achegaron para acompañarnos na entrega dos premios e para disfrutar das excelencias turísticas e gastronómicas da comarca do Morrazo”, explicou o director do Festival, Francisco Graña, que agradeceu o apoio das empresas e institucións colaboradoras así como o traballo do xurado, que tivo a difícil tarefa de designar gañadores, dada a calidade dos proxectos presentados a concurso. Un extremo no que tamén fixo fincapé Xosé Bangueses, presidente de FECIMO, entidade impulsora do festival, xunto co Concello de Bueu que tivo a súa representación na figura do seu rexedor, Felix Juncal, que foi o encargado de inaugurar oficialmente o festival.

Ao remate da gala os participantes puideron disfrutar dunha comida de networking na que nos faltaron os mexilons aportados pola Asociación de Produtores Mexilloeiros Cabo de Cruz nin os viños aportados polas bodegas Paco e Lola e Albamar. Unha vez máis, Bueu convertiuse no punto de encontro do social media galego, das empresas e das iniciativas que se están iniciando no ámbito 2.0 que poden coñecer outras iniciativas, buscar asesoramento e sinerxias. A xornada rematou con varias actividades de carácter lúdico, como a visita ás alfombras florais, ao Museo Massó e os paseos en embarcacións tradicionais da Asocación Tradicional Os Galos, que sairon aproveitando o bo tempo que acompañou  a xornada.

 LISTADO GAÑADORES:

1. Mellor axencia:  Elogia
2. Mellor campaña en canles sociais: #saboresdeourense
3. Mellor video viral: Rias Baixas Style
4. Mellor blog informativo/cultural: Vigo Low Cost
5. Mellor blog Tecnolóxico: Mallando no Android
6. Mellor blog turístico: Vivir Galicia
7.  Mellor blog de moda: Fashion Low Cost
8. Mellor blog gastronómico: La Cocina de la Lechuza
   Mención Especial do Xurado: Equipo do Tempo TVG

Galería Fotográfica en Flickr

PRENSA:

La Voz de Galicia.- luns, 3 de xuño de 2013

http://publikda.espacioblog.com/post/2013/06/03/mi-experiencia-mexilonsetuits-2013

http://comunisfera.blogspot.com.es/2013/06/lecciones-de-los-premios-gallegos-en.html

http://www.codigocero.com/Bueu-volve-a-xuntar-ao-mellor-do

http://lauracamino.wordpress.com/2013/06/02/mexilonsetuits-2013-resumen/

http://morrazotribuna.blogspot.com.es/2013/06/bueu-acogio-lo-mejor-del-social-media.html

http://www.vigolowcost.com/2013/06/03/vigo-low-cost-premiado-como-mejor-blog-informativo-en-el-ii-festival-social-media-de-galicia/

http://www.mallandonoandroid.com/2013/06/mallando-no-android-mellor-blogue.html

http://www.vivirgaliciaturismo.com/premio-al-mejor-blog-turistico/

http://saboresdeourense.turismodeourense.com/noticias/turismo-de-ourense-mellor-campana-en-canles-sociais-no-festival-do-social-media-de-galicia/

http://www.benbo.eu/actualidad/mexilonsetuits-festival-do-social-media-de-galicia-entrego-sus-premios/

ARQUIVOS DE INTERÉS: 

PROGRAMA MEXILONSETUITS 2013

Mellores Momentos da edición pasada en Flickr

NOTICIAS RELACIONADAS:

 En marcha a segunda edición de #MEXILONSETUITS Festival do Social Media de Galicia

O Festival do Social Media de Galicia estrea nova web e abre o prazo para acudir como público

Aberto o prazo para inscribirse no festival do social media de galicia e optar aos premios #MexilOnseTuits

16 profesionais do 2.0 xulgarán as candidaturas aos premios #MEXILONSETUITS 2013

O Xornalista e presentador da TVG Tomás Alonso será o conductor do MexilOnseTuits 2013 

FECIMO organiza xornadas formativas na semana previa á celebración de MexilOnseTuits

O Festival do Social Media de Galicia anuncia os finalistas nas distintas categorías do #MEXILONSETUITS edición 2013

O #MEXILONSETUITS contará coa presenza de dous destacados blogueiros para abrir o festival

O Festival Social Media de Galicia consolídase coa entrega dos premios da segunda edición do #MEXILONSETUITS

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo