Imprimir

Cesión do Salón de Actos

logoredondo

fecimo_salon_de_actos

Calquera empresa asociada a fecimo que precise dun espazo para algunha actividade en concreto (presentación, formación, reunións, conferencias, etc.) dispón da posibilidade de utilizar o salón de actos situado na nosa sede en Cangas. A cesión deste espazo estará condicionada conforme a unhas normas que se recollen no regulamento que se expón a continuación:

 

 

 


 

REGULAMENTO DE RÉXIMEN INTERIOR PARA CESIÓN DE

USOS INDIVIDUAIS OU SECTORIAIS DO SALÓN DE ACTOS DE

FECIMO

Tanto o uso como este regulamento estarán condicionados á oportuna aprobación ou ratificación por parte da Asemblea Xeral da Federación na primeira reunión a celebrarse, e non será susceptible de obtención de dereitos si tal aprobación ou ratificación non se producise.

 

O local será cedido, previa petición, só en días e horas que non teña utilización por parte da Federación para as súas propias actividades.

 

 

O uso das instalación por parte das empresas asociadas que así o soliciten, deberá ser en horario laboral da federación, é dicir:

 

De outubro a maio – de Luns a Xoves de 9:00h a 15:00h e 16:00h a 20:00h. Os Venres de 8:00h a 15:00h.

 

De xuño a setembro: de Luns a Venres de 8:00h a 15:00h.

 

 

As peticións realizadas inscribiranse nun libro a fin de que sexan respetadas pola súa orde de entrada. Neste rexistro, constarán tamén os actos da propia Federación co fin de reservar o seu tempo de utilización.

 

 

Ningunha petición adquirirá firmeza ata 5 días antes da data solicitada, co fin de salvagardar a capacidade de maniobra da propia Federación.

 

 

No caso de producirse peticións simultáneas, terán preferencia as formuladas con carácter colectivo sobre as individuais e antes que as primeiras a utilización de uso requerido pola propia Federación.

 

 

O persoal administrativo da Federación non poderá ser utilizado con estes fins, salvo acordo privado co mesmo e sempre fora de horas laborais.

 

 

A publicidadedas actividades contempladas neste Regulamento non poderá conter nunca referencias á Federaciónque a implique na súa organización, desenvolvemento, atención, etc. Así mesmo, non poderá figurar o logotipo de FECIMO nin das asociacións locais que forman parte dela en ninguna publicación realizada con posterioridade á celebración da actividade.

 

 

A empresa asociada deberá deixar claro que a actividade que desenvolve a realiza a título privado e que a Federación non ten ningún tipo de implicación nin responsabilidade nela.

 

 

Non se entregarán copias das chaves a ninguna persoa que non sexa o persoal da federación ou membro da Comisión Executiva, que serán responsables do seu uso.

 

 

O asociado que solicite o uso faise responsable de calquera dano ás instalacións, así como dos gastos de limpeza si como consecuencia do uso fóran necesarios.

 

O uso que poderá darse ao Salón de Actos, ben sexa de forma individual ou para un ou varios sectores de actividades de asociados, terá que ter relación directa coa actividade ou actividades do solicitante e sempre serán de natureza empresarial e non privada ou lúdica. A título meramente enunciativo, non se poderá utilizar o local cecido en uso en actividades tales como festas, actos de carácter social, recepcións que non teñan carácter empresarial ou que non teñan relación directa coa actividade comercial do peticionario, proxeccións audiovisuais que non teñan o mesmo carácter e calquera outro uso de natureza sindical, política, relixiosa, veciñal ou reivindicativa, deixando a salvo as que a propia Federación leve a cabo dentro destes ámbitos.

 

 

Ningún asociado poderá realizar petición algunha de utilización do local encuberta a favor de calquera outro empresario que non se atope de alta e ao día no pago de cuota.

 

 

A cesión de uso, en ningún caso, autoriza ao solicitante a utilizar ningún outro medio da Federación, tales como: referencias de contacto, recollida de documentación, aceptación de documentos u obxectos de ningún tipo, uso da liña telefónica, ....En caso de uso prolongado, farase cargo dos consumos.

 

 

Non queda autorizada en ningún caso,a cesión de uso canda da mesma poidan derivarse incremento da prima de seguros do local ou exclusións da cobertura, cando do uso sexa contemplada a presencia de materias perigrosas e en xeral, canda da mesma poidase incurir en riscos persoais ou danos ás instalacións.

 

 

Queda facultada a Comisión Executiva da Federación para denegar calquera solicitude formulada que considere que vulnere algún dos puntos anteriores, recollendo no libro de usos as causas da denegación que deberá ser fundamentada.

 

As denegacións de utilización poderán ser recurridas polo asociado ante a primeira Asemblea que se celebre previa petición escrita á Federación, estando na obriga a Comisión Executiva a incluíla na orde do día de tal reunión.

 

 

 

 

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo