Imprimir

Campaña "Benvido A BORDO!" 2013

25 gañadores con premios de 100€ na campaña “Benvido a Bordo” das empresas do Morrazo 

OS BOLETOS GANADORES119/06/2013 Foi realizado onte na sede de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo o agardado sorteo de premios da campaña “BENVIDO A BORDO”, en vigor dende o 10 de maio ata o 17 de xuño de 2013.

Nesta campaña premiábase a fidelidade dos compradores no comercio local, sendo imprescindible para participar ter conseguido os identificativos de 6 establecementos diferentes na tarxeta da campaña.  

Os veciños do Morrazo tiveron gran variedade de empresas onde conseguir os seus selos, pois participaron ata 140 comercios de Bueu, Cangas e Moaña. Onte realizouse a recollida de todas as tarxetas e ás 21:00h celebrouse o sorteo na sede de FECIMO.

Foron escollidas ao azar 25 tarxetas e durante esta mañá foron contactados por teléfono os seus posuidores. Cada un deles recibirá un cheque de 100 euros, e polo tanto repartirase na campaña un total de 2.500€.

A lista completa de gañadores é a seguinte:

PREMIADO
1 ELENA VEGA ABAL
2 JOSÉ PAREDES CALVAR
3 CLARA RODRÍGUEZ PAZ
4 MYRIAM CHORÉN FANDIÑO
5 MARÍA TERESA FREIRE IGLESIAS
6 MARÍA GLORIA BERNÁRDEZ VEIGA
7 ANDREA BARREIRO
8 ÁGUEDA VIÉITEZ FANDIÑO
9 MILAGROS SÁNCHEZ RÚA
10 ISABEL VEGA ABAL
11 JOSÉ RAMÓN SEÑARÍS BOO
12 MARÍA JESÚS FERNÁNDEZ BERNÁRDEZ
13 REBECA PASTORIZA FERREIRA
14 LOURDES MARCOS PORTELA
15 MARÍA JESÚS SANTOS PARADA
16 MARÍA DEL ROSARIO CURRO SOMOZA
17 ASUNCIÓN PIÑEIRO PAZÓ
18 MARÍA CANCELAS FERNÁNDEZ
19 MARÍA ANUNCIA COSTAS GERMADE
20 GENOVEVA COSTA DEL RÍO
21 ANA MARÍA RODAL PIÑEIRO
22 ÁNGELES PIÑEIRO CHAPELA
23 TERESA OTERO RODAL
24 SOFÍA BARREIRO PIÑEIRO
25 ÁNGELES CHAPELA SUEIRO

Nos tempos difíciles que está a vivir a nosa economía estes premios supoñen unha grande axuda para os agraciados, que se amosaron especialmente contentos. Dende FECIMO dámoslles os nosos parabéns e agradecemos deste xeito a confianza depositada no comercio e as empresas de proximidade, a pé de rúa. Agora contan con 100€ en cheques-compra nos seus monedeiros que volverán aos establecementos locais que eles elixan entre todos os asociados á federación. 

Galería Fotográfica_Gañadores

  Circular Informativa 

Folleto promocional

Bases campaña

Establecementos adheridos á Campaña

As empresas asociadas do Morrazo fidelizan aos seus clientes

Promoción da campaña de fidelización “Benvido a bordo” …en seagway!

 

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo