Imprimir

Gymkhana "Exploradores do Morrazo"

Sorteo de premios da Gymkhana:“Exploradores do Morrazo”

gymkhna Cangas2107/01/2014 A pasada semana tiveron lugar nas vilas de Bueu, Cangas e Moaña os sorteos da Gymkhana “Exploradores do Morrazo” cun gran éxito de público pese o mal tempo. 

 Tras 12 días de competición completando os seus mapas de exploradores, visitando os comercios participantes e superando as probas que se lle foron propostas, moitos nenos e nenas se acercaron persoalmente ao sorteo final dos grandes premios, aínda que non era necesario estar presente.

Tablet Moana21Como punto final desta actividade foron organizadas festas de animación en cada vila, con actividades para o disfrute de toda a familia. Nos centros urbáns situáronse zonas de xogos, pinturas, globoflexia, maquillaxe infantil…todo a cargo dun grupo de animadores profesionais.

O xoves día 2 de xaneiro celebrouse en Moaña, na parte superior da Praza de Abastos, onde os rapaces puideron xogar a cuberto. Tras a festa, celebrouse o sorteo de premios entre todos os mapas recibidos e debidamente cubertos da Gymkhana “Exploradores do Morrazo”. Estes foron os gañadores:

 Cesta Moana211º Premio: Markel Márquez Otazo, de 8 anos, gañou unha TABLET
2º Premio: Enma Gayo Marcos, de 10 anos, gañou unha gran CESTA DE NADAL infantil chea de gominolas, chocolate, bonecos…

cesta Cangas21O venres día 3 foi o turno de Cangas, na Alameda Vella. Cesou o mal tempo e as actividades puideron facerse na rúa como estaban previstas. Estes foron os gañadores:

 1º Premio: Roi Martínez Tenreiro, de 9 anos, gañou unha TABLET
2º Premio: Iago Hermelo Blanco, de 5 anos, gañou unha gran CESTA DE NADAL infantil.

 tABLET cANGAS21E finalmente o venres día 4 de xaneiro celebrouse a gran festa en Bueu, desta vez pola mañá ás 11:00h. O mal tempo fixo que as actividades de animación e o sorteo fosen celebradas no Centro Social do Mar. Os animadores subíronse ao escenario e fixeron bailar a nenos e maiores, e incluso algúns papás subiron tamén a realizar as coreografías propostas polos monitores. Tocou o turno de sacar as papeletas gañadoras da Gymkhana “exploradores do Morrazo”, sendo gañadores:

Tablet Bueu211º Premio: David Crujeiras Barreiro, de 7 anos, gañou unha TABLET
2º Premio: David Rial Santos, de 11 anos, gañou unha gran CESTA DE NADAL infantil.

 Agradecemos a gran acollida que tivo a gymkhana durante o seu transcurso no mes de decembro. Con esta actividade os cativos coñeceron o rueiro das súas vilas, descubriron os establecementos a pé de rúa e interactuaron cos seus responsables.

Cesta Bueu21Xogaron e resolveron preguntas sobre o seu contorno, a cultura, a gastronomía… aprendendo moitas cousas do Morrazo que se cadra non coñecían.

Agradecemos tamén a asistencia de todos os nenos, nais e pais á clausura e sorteo da Gymkhana nas tres vilas do Morrazo, facendo destas xornadas unha gran festa cara o final das vacacións do Nadal.

 

 

 gymkhanabueu gymkhanacangas   gymkhanamoana

Comeza a gymkhana infantil “Exploradores do Morrazo”, para nenos e nenas de 4 a 14 anos 

EXPLORADORES portada

19/12/2013 As empresas da Comarca asociadas á Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO, poñen en marcha unha iniciativa que obtivo moito éxito na pasada edición, a GYMKHANA INFANTIL para nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 e 14 anos.

O obxectivo desta actividade é darlle visibilidade aos establecementos de Bueu, Cangas e Moaña, e que os máis novos coñezan o que a súa vila lles ofrece. Xunto coa súa familia, poderán interactuar coas empresas locais potenciando así un dos puntos claves do comercio das nosas vilas, que é a proximidade.

Gymkhana infantil Exploradores do Morrazo 1A gymkhana deste ano leva por nome “Exploradores do Morrazo” e trátase dun xogo divertido e moi atractivo para os nenos. Os que desexen participar terán un prazo de 12 días, do 20 ao 31 de decembro, para realizar unha serie de probas nos establecementos participantes. Hai unha gymkhana diferente para cada vila: en Bueu participan 21 empresas, en Cangas 44 e en Moaña 41.

Os mapas da gymkhana foron repartidos pola Federación nos centros de ensino que se amosaron interesados, pero tamén estarán dispoñibles nos establecementos participantes para todos os nenos que desexen xogar.

Funcionamento

A mecánica do xogo é sinxela: os cativos terán que ir visitando as tendas da súa vila que aparecen no mapa e resolver en cada unha delas unha proba. Se acertan recibirán un selo na casilla correspondente. Así, ata que consigan resolver tantas probas como lle son requeridas nas instrucións mapa.

gymkhana infantil 2013 2As probas a resolver versan sobre aspectos das vilas do Morrazo como a nosa cultura, os monumentos, as festas locais, os paraxes naturais, a gastronomía, etc.

Unha vez pasadas as probas, cubrirán o folleto cos seus datos persoais e o depositarán en calquera das tendas participantes. Tamén será posible entregar os mapas o mesmo día do sorteo de premios.

Como novidade desta edición, se os participantes conseguen realizar todas as probas do mapa (aínda que so é obrigatorio cubrir unha parte delas), obterán un pequeno premio sorpresa. Deberán presentar o mapa cuberto nalgunha das empresas participantes.

  

Sorteo do Gran Premio dos Exploradores

Unha vez rematado o prazo para facer a gymkhana, que finaliza o 31 de decembro, realizarase un sorteo en cada vila cos mapas recibidos. Celebrarase unha gran festa con actividades de animación durante a cal se realizarán os sorteos dos seguintes premios:

exploradores-interior 11º Premio: unha tablet
2º Premio: Unha gran cesta de Nadal infantil

As datas e localizacións dos sorteos serán:

-2 de xaneiro en Moaña ás 17:00h, no Palco da Música
-3 de xaneiro en Cangas, ás 17:00h na Alameda Vella
-4 de xaneiro en Bueu, ás 11:00h da mañá na Praza do Concello

Os establecementos participantes amósanse moi contentos coa idea, agardando que nestas vacacións de Nadal, os cativos perciban o comercio de proximidade como algo familiar e divertido, e que os maiores da casa se animen a xogar con eles.

Esta campaña está incluida no Proxecto de Dinamización de FECIMO 2013 para accións de incentivación da demanda comercial da comarca do Morrazo que conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio en desenvolvemento do Plan Ágora, Agora Re-Comercia 2010-2013.

Descarga a Circular Informativa sobre esta Gymkhana

Aberta a inscrición á Gymkhana "Exploradores do Morrazo"

Comeza a gymkhana infantil “Exploradores do Morrazo”, para nenos e nenas de 4 a 14 anos

Os 3 sorteos da gymkhana: “Exploradores do Morrazo” atraeron a centos de nenos e nenas da comarca

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (Bases GYMKANA web.pdf)Bases Gymkhana350

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo