Imprimir

Gala do Comercio do Morrazo 2014

Publícanse os gañadores dos 3 premios de 1.500€ en cheques-compra da Campaña de Nadal 

gala 2014 113/01/2014 Celebrouse onte en Bueu, no Centro Social do Mar, a IV Gala do Comercio do Morrazo, un gran evento onde foron entregados os premios de 100€ e 200€ aos gañadores e foi realizado en directo o sorteo final dos grandes premios da Campaña de nadal: 3 premios de 1500€, un por localidade (Bueu, Cangas e Moaña).

gala 2014 2Esta gala, organizada anualmente, pon broche final á Campaña de Nadal das empresas do Morrazo e serve para poñer en valor o traballo do pequeno comercio e a asociación que os reúne.

O Centro Social do Mar rexistrou un cheo de público e recibiu con aplausos ao presentador deste ano que foi o premiado actor Luis Zahera. Conduciu con humor unha hora e media de espectáculo onde tampouco faltou a música, a cargo de Diana Tarín Band. 

Subiron tamén ao escenario o Presidente de FECIMO, Xosé Bangueses, a Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez e o Alcalde de Bueu, Félix Juncal. Agradeceuse tamén a presenza entre o público de representantes de NovaGalicia Banco. 

gala 2014 3Asimesmo, contouse coa asistencia de diferentes autoridades como a parlamentaria Berta Pérez, membros da corporación municipal de Bueu e Moaña e representantes de partidos políticos da comarca. Por parte do asociacionismo comercial contouse coa presnza da presidenta de FECOVI, Federación de Comercio de Vigo, Encarna Álvarez. 

De seguido, fíxose entrega dos premios de 100€ e 200€ aos gañadores da Campaña “Todo un clásico do Nadal no Morrazo”, da man dos responsables dos comercios onde tocaron: 

CÓDIGO NOME ESTABLECEMENTO PREMIO
ULC3A7C Ana María González González VILAFER  Premio de 100 euros
YUW2X4G Carmen Durán Alonso MANXARICO Premio de 100 euros
AXF9D9N Silvia Juncal Piñeiro JOYERÍA TERRA Premio de 100 euros
QOB0F3U Angeles Araujo Vidal LA RICOSA Premio de 200 euros
XEL1V5C Lydia Cortizo Lemos PANADERÍA AMADOR Premio de 200 euros
DZD4C1U Noemí González Colorado RINCÓN DE PÓ Premio de 200 euros

A Gala rematou co agardado sorteo dos grandes premios da Campaña de Nadal, os tres de 1.500 € en cheques compra. Luis Zahera fixo subir á escena a tres mans inocentes do público para facer “clic” na aplicación informática que recollía todos os códigos rexistrados. Cómpre salientar participaban nese gran “bombo virtual” uns 60.000 códigos. Dende FECIMO damos a noraboa aos agraciados e ás tendas que repartiron o premio, que foron: 

CÓDIGO NOME ESTABLECEMENTO PREMIO
CZL9L5F Marta Maria Limens Pazos Regalía Premio de 1500 euros
RYY0D9K Mª Isabel Gómez Juncal Deportes Plusmarca Premio de 1500 euros
SJV7C0A Beatriz Parcero Garcia Mercería La Orquídea Premio de 1500 euros

 Os premiados serán notificados por teléfono e terán un mes para canxear os seus cheques nas empresas participantes da Campaña de Nadal, un total de 210 empresas de Bueu, Cangas e Moaña, que se poden consultar neste enlace: 

Empresas participantes na Campaña de Nadal 2013 

LUIS ZAHERA será o conductor da IV Gala do Comercio do Morrazo

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo