Imprimir

Campaña para asociacións "Máis que comercio"

mais que comercio213/05/2014 A Xunta de Galicia, a través da Direción Xeral de Comercio, está a levar a cabo unha campaña de promoción comercial con todas as asociacións de Galicia, establecendo un calendario no que Bueu, Cangas e Moaña participarán no mes de xuño.

A campaña desenvolverase a través dun xogo aloxado en Internet onde os clientes poderán gañar agasallos

Para a súa posta en marcha precisamos fotografías das fachadas dos establecementos asociados, por iso nestes días sairemos á rúa a realizalas.


PREMIOS:

Direción Xeral de Comercio:

- 3 tarxeta regalo de 200 euros
- 6 tarxetas regalo de 100 euros
- 18 paraugas
- 30 bolsas reutilizables co logo da campaña.

FECIMO: Premios por concretar
       
EMPRESAS ASOCIADAS: As empresas participantes poderán aportar agasallos a esta campaña, aparecendo o seu nome e aportación na páxina web.

Contacte con FECIMO no telf. 986 30 50 00 se desexa aportar un premio a esta campaña.

Prazo: 15 de MAIO

Entendemos que todas as empresas asociadas de Bueu, Cangas e Moaña participarán nesta campaña promocional, salvo que a empresa rexeite participar mediante comunicación telefónica a FECIMO

mostra de tendas campañaFUNCIONAMENTO DESTA CAMPAÑA

Entidade Organizadora: Xunta de Galicia - Direción Xeral de Comercio

FECIMO actúa como entidade colaboradora

Esta campaña ten por obxecto a promoción das asociacións de Galicia mediante a posta en marcha dun xogo online con premios, coa finalidade de difundir as súas vantaxes estratéxicas así como de incrementar e fomentar as compras no pequeno comercio das vilas e cidades galegas ao mesmo tempo que se favorece a introdución e utilización das novas tecnoloxías.
 
Duración da Campaña:  Todo o mes de xuño

Forma de participación:  Para participar na campaña cada persoa consumidora recibirá unha papeleta cun código. Deberá acceder á páxina web: www.maisquecomercio.com para participar nun xogo de combinación aleatoria.
 
O participante deberá:

- Facer click no logo da asociación local onde realizou a súa compra.

- Despregaranse todos os seus establecementos asociados participantes adoptando cada un deles a forma de taboleiro de 64 casas.

- Introducir o código do seu boleto e picar en calquera das 64 casillas que compoñen o panel de calquera dos establecementos asociados. Cada código dará opción a unha xogada

- Ao picar na casilla mostrarase se está premiada. Neste caso informarase do premio obtido e quedará bloqueada para futuras xogadas.

Informaráselle do número de teléfono de contacto 981 545 554 (horario de atención de luns a viemes de 9:00 a 15:00 horas) e da dirección electrónica Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo nos que obterá a información de onde recoller o seu premio así como as condicións.

Para a entrega do premio a persoa gañadora deberá achegar o código premiado.

Acceda á plataforma do sorteo na que están a participar outras asociacións galegas:

www.maisquecomercio.com

Circular Informativa maio 2014

A Dirección Xeral de Comercio presenta en FECIMO a campaña “Máis Que Comercio!”

 

Adxuntos:
ArquivoDescargas
Descargar este adjunto (CARTEL _MAIS QUE COMERCIO.jpg)Cartel304

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo