Imprimir

Pasarela de Moda 2014

 3ª Edición da Pasarela "Amodiña do Morrazo" - Campaña Outono/Inverno 2014 

cartel web

 

NOTICIAS EN WWW.FECIMO.ES

En marcha a 3ª Edición da Pasarela AMODIÑA do Morrazo

FECIMO convoca o I Certame de Novos Deseñadores – AMODIÑA 2014

FECIMO convoca un casting para escoller aos modelos adultos de AMODIÑA 2014

Arredor de 100 aspirantes participaron no casting de modelos adultos da pasarela AMODIÑA

Convócase o CASTING de modelos infantís para a pasarela AMODIÑA do Morrazo 2014

Volve este outono AMODIÑA, a Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo, na súa 3ª edición

FECIMO ofrecerá un desfile de moda no marco dun gran espectáculo o día 20 de setembro

Unha vez realizado o casting de modelos infantís, os escollidos publicaranse o luns día 8

Publicada a lista de seleccionados no casting infantil de AMODIÑA 2014

Semana de ensaios e últimos preparativos para AMODIÑA – Pasarela de Moda do Comercio do Morrazo –

 

 

 

GALERÍA FOTOGRÁFICA AMODIÑA 2014

 

 

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo mantén a súa firme aposta por un dos eventos máis multitudinarios da comarca, a Pasarela de Moda “Amodiña” que se celebrará por terceiro ano consecutivo en Moaña, no marco incomparable do paseo marítimo e con entrada de balde para os milleiros de persoas que unha vez máis disfrutarán dunha noite especial coa moda como protagonista. 

“Amodiña” proclámase como o evento de moda de referencia no Morrazo, para dar a coñecer en directo as tendencias da nova tempada Outono / Inverno a través dun pase con modelos profesionais e contando cun equipo técnico audiovisual de alto nivel. 

FECIMO abre o prazo de inscrición a este evento, desexando que ningunha empresa de moda perda a oportunidade de presentarse ante o gran público a través deste espectáculo cheo de luz e cor, música, baile, personaxes famosos...e do que se fan eco cada ano os medios de comunicación xeneralistas e os blogs especializados en moda. 

Setembro será o mes da moda no Morrazo e o día 20 o seu día de festa, con moitas novidades que vos sorprenderán.

 

 

pasarela2014participa

  

Ver a Edición Anterior - 2013

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo