Imprimir

Campaña Nadal "No Nadal, o pequeno comercio faise grande"

 

 

cartel nadal 201420/11/2014 Este é o lema co que queremos arrancar este Nadal 2014/15. O comercio e todas as empresas de barrio son MOI GRANDES e necesarias. E aínda o son máis na tempada que comeza: o Nadal, cheo de agasallos, sorpresas para os cativos, vida e luces na rúa... Que sería sen eles?

Dende FECIMO celebramos un ano máis estas festas agasallando aos clientes das empresas de proximidade, como o vimos facendo durante 14 anos, coa nosa campaña máis coñecida e os premios máis agardados do Nadal.

Tralo éxito acadado nestes últimos anos, continuaremos cunha campaña basada no rexistro de códigos online, da que vos lembramos a continuación o seu funcionamento. Os premios serán tamén moi repartidos entre as tres localidades, para premiar a un gran número de clientes.

Atoparedes información do material que recibiredes: boletos, material publicitario, guirnaldas decorativas, así como as bolsas decoradas para esta data tan especial.

premios nadal 2014CONCURSO MEDIANTE CÓDIGOS

Cada vez que un cliente consuma nun comercio ou empresa participante entre o 9 de Decembro de 2014 e o 8 de Xaneiro de 2015 optará a diferentes premios directos e ó sorteo dun gran premio final.

Co ticket de compra seralle entregada unha tarxeta cun código de números e letras por compra mínima de 10 euros e un máximo de 3 tarxetas por gasto.

O cliente entrará na páxina web:

www.compranomorrazo.com e introducirá o código para saber se resulta premiado. Así saberá se o seu código resultou premiado cun premio directo de 50, 100 eou 200 €.

É moi importante gardar o código de participación e o ticket de compra como comprobante do premio.

IMPORTANTE

Se non resultou premiado, debe gardar igualmente o código e o ticket de compra para o GRAN SORTEO FINAL dos premios de 1.000 €.

INICIO DA CAMPAÑA

O Martes día 9 de decembro as empresas participantes poderán comezar a entregar boletos aos seus clientes. A campaña finalizará o 8 de Xaneiro de 2015.

ELEMENTOS DA CAMPAÑA

boleto campaa nadal 2014Boletos con códigos: Será entregado un lote de 400 boletos a cada empresa participante. Se quixese outro lote de 400 boletos, o seu custo é de 4 €.

Elementos Publicitarios: Entregarase cartelería como soporte publicitario e octavillas informativas para dar a coñecer os premios que están en xogo.

Elementos Decorativos:
- Guirnaldas decorativas para a ambientación navideña do seu establecemento.
- Un lote de pegatinas coa imaxe do Nadal para colocar na paquetería de regalo.

bolsa nadal 2014LOTE DE BOLSAS DE NADAL

Os establecementos participantes disporán dun lote de bolsas con estas características:

Material: Papel 100% reciclable e reutilizable. Asa retorcida
Cor: Branco con lazo vermello
Cantidade e tamaños:
75 Bolsas Grandes: Alto 40 - Ancho 32 - Fuelle 12
75 Bolsas Pequenas: Alto 32 - Ancho 24 - Fuelle 10

Este ano prepararase ademáis un modelo máis pequeno adaptado a aqueles establecementos con producto de pequeno tamaño: xoiería, óptica, perfumes...que poderán optar a un lote de 100 bolsas de tamaño: Alto 24 - Ancho 18 - Fuelle 8

ENTREGA DO MATERIAL

Entregarase en todos os establecementos a partir do 2 de decembro, salvo que con anterioridade a esa data nos indicara o seu desexo de NON participar.

Tamén poderá recoller o material nas oficinas de FECIMO a partir do 2 de decembro. Se non recibe o material antes da data de inicio, agradeceríamos nolo comunique de inmediato. 

Fotografías dos gañadores

  

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo