• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

PLANO TURÍSTICO MORRAZO_(Xuño 2015)

FECIMO reeditou os seus mapas impresos comarcais, revisando e mellorando o seu deseño. No anverso pode verse o mapa da península en conxunto e no reverso os rueiros dos tres concellos, indicando os servizos máis importantes. Están a partir de xuño disponibles nas oficinas de Turismo dos tres concellos e serán repartidos tamén nos establecementos de hostalaría asociados.

PLANO AMPLIADO

O MORRAZO, DA MAN DA NATUREZA...DA MAN DA HUMANIDADE_ (Xullo 2012)

Trátase dunha fermosa obra editada por FECIMO, na que un colectivo de autores, fotografos, correctores, artistas e entidades, apostaron unha vez máis pola posta en valor da nosa Comarca. 
O libro divídese en dous grandes apartados: O primeiro, Da man da natureza, intenta achegarnos a algunhas das maravillas naturais da comarca, sexan estas espazos naturais, atalaias para a contemplación da paixase ou praias. O segundo, Da man da humanidade, mostra parte das delicadezas legadas polos nosos devanceiros. PRESENTACIÓN

[cq_vc_dagallery images=”1167,1168,1169,1170,1171,1172,1173,1174,1175,1176,1177,1178″ gallerywidth=”100%” margin=”3px” color=”#ffffff” background=”#2b7200″]

CABO UDRA, FEITIZO DA NATUREZA_ (Decembro 2011)

FECIMO e o Obradoiro de Emprego de Bueu II editaron esta guía de máis de 20 páxinas centrada neste singular espazo natural da Parroquia de Beluso. A guía fai un percorrido pola fauna, flora, os descoñecidos tesouros do mar e a caprichosa xeoloxía deste espazo protexido catalogado como Lugar de Interese Comunitario da Rede Natura 2000.

PRESENTACIÓN NA PRENSA

[cq_vc_dagallery images=”1161,1162,1163,1164,1165″ gallerywidth=”100%” margin=”3px” color=”#ffffff” background=”#2b7200″]

O BICHERO III_ (Decembro 2011)

Nesta nova edición conta con 130 páxinas cheas de humor, recollendo unha selección de viñetas publicadas polo autor durante o presente ano 2011 e que polo tanto versan sobre temas de actualidade como foi o movemento 15M, as eleccións municipais e as xerais, a crise, as novas tecnoloxías…sen olvidar outros temas clásicos propios do Morrazo e do rural.

PRESENTACIÓN

[cq_vc_dagallery images=”1145,1146,1147,1148,1149″ gallerywidth=”100%” width=”180″ height=”140″ margin=”3px” color=”#ffffff” background=”#2b7200″]

O MORRAZO CON TODOS OS SENTIDOS_ (Xuño, 2011)

Trátase dunha Guía dos recursos naturais e patrimoniais da Comarca do Morrazo editada por FECIMO en colaboración co Padroado Rías Baixas, que conta coa colaboración de sete autores do Morrazo, coordinados por Salvador Castro Otero. Ademais de fermosos textos, a guía complétase cun conxunto de mapas que detallan rutas e puntos de interese de cada municipio.

PRESENTACIÓN

[cq_vc_dagallery images=”1139,1140,1141,1142,1143″ gallerywidth=”100%” margin=”3px” color=”#ffffff” background=”#2b7200″]

"ANÁLISE ECONÓMICA E EMPRESARIAL DO EIXE BUEU-CANGAS-MOAÑA"_ (Abril, 2011)

Dende o segundo semestre do 2010 FECIMO e a CEP comezaron o diagnóstico socioeconómico do Eixe Bueu-Cangas-Moaña. Nesta análise púxose de manifesto a necesidade de transformación dos recursos locais; como punto de partida no deseño de estratexias para un desenvolvemento equitativo, equilibrado e sostible da sociedade e o tecido produtivo da nosa bisbarra.

TEXTO INTEGRO DO ESTUDO

O BICHERO II_ (Decembro, 2010)

Tralo éxito da primeira edición edítase a segunda edición desta desternillante recopilación de viñetas cheas de humor e retranca galega. Nesta nova escolma o autor recolle viñetas de diferentes temáticas: deportes, o mar, a política, a xente de aquí e un caixón desastre onde teñen cabida outras temáticas como a televisión e o cine, as relacións de parella.

AVANCE VIÑETAS

[cq_vc_dagallery images=”1123,1124,1125,1126,1127″ gallerywidth=”100%” margin=”3px” color=”#ffffff” background=”#2b7200″]

DE PETIS A CARRASQUEIRA_ (Decembro, 2010)

Fernando Otero Otero, veciño de Bueu, é o autor desta obra que conta as súas vivencias no municipio, segundo as súas memorias. Ademáis de autor, Fernando Otero é o ilustrador do libro completando o volumen con preto de 50 láminas debuxadas, con paixaxes de Bueu da época. O libro está cheo de anécdotas e recordos que levan ao lector a unha viaxe polas décadas dos 60, 70 e 80 na vila morracense.

AVANCE ILUSTRACIÓNS

O BICHERO I_ (Decembro, 2009)

Primeira edición deste xenial libro que recolle unha escolma de 200 viñetas do humorista. En palabras do propio autor, nelas trata de “sacar ferro” á actualidade co desexo de provocar un gran sorriso. Salvador Rodríguez, prologuista do libro define a Davila como un “humorista universal”, no que “O Morrazo, é para o autor o que foi Macondo para Gabriel García Márquez”

AVANCE VIÑETAS

[cq_vc_dagallery images=”1109,1110,1111,1112″ gallerywidth=”100%” width=”220″ margin=”3px” color=”#ffffff” background=”#2b7200″]

MARES E TERRAS DO MORRAZO_ (Xullo, 2009)º

Recopilación fotográfica actualizada da costa morracense, tomadas dende o aire,  percorrendo o litoral dende o municipio de Marín, pasando por Bueu, Cangas e rematando en Moaña, mostrando toda a riqueza paisaxística da franxa costeira. Como complemento á publicación, acompañase dun DVD no que se recollen todas as imaxes.

PEQUENO MANUAL DE SUPERVIVENCIA PARA MOMENTOS DIFÍCILES_ (Xuño, 2009)

Unha guía con 11 recomendacións para levar a cabo unha xestión racional que axude a sobrelevar os tempos de crise que estamos a pasar. As recomendacións propostas, sen pretender ser a solución definitiva para todos os problemas, tentan guiar ao empresario na supervivencia do seu negocio, se ben cada un debe identificar as súas debilidades e aplicar as respectivas solucións.

SOLICITAR MANUAL FLASH