• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

29

Mai

2023

O COMERCIO LOCAL DA A BENVIDA AO VERÁN CUN SORTEO E FESTAS INFANTÍS

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

A chegada do Verán é unha época de celebración no Morrazo.

As vilas multiplican a súa poboación e a chegada de turismo supón unha importante fonte de ingresos para o tecido empresarial da comarca do Morrazo.

Por outra banda, para os máis pequenos do fogar chega a época de deixar atrás o cole e centrarse en desfrutar do verán e do tempo libre. E é aí tamén onde FECIMO quere posicionar o comercio local do Morrazo como un referente para ese público xoven que nuns anos serán os seus consumidores. 

Co obxectivo de fidelizar aos clientes con nen@s en idade escolar de infantil e primaria e, ao mesmo tempo afianzando a marca de “comercio local” entre o público xoven da comarca, a Federación levará a cabo esta campaña de dinamización comercial que dará a Benvida ao Verán no Morrazo baixo o lema “MÓLLATE POLO TEU COMERCIO”.

Como funciona a campaña?

A campaña terá lugar do 29 de maio ao 23 de xuño do 2023 e consistirá en, por un lado, incentivar as compras no comercio local mediante o sorteo de 600 € en PREMIOS, entre tódolos tickets rexistrados, fruto das compras ou servizos mínimo de 10€ realizad@s nos establecementos participantes durante o período de vixencia da campaña, en www.comerciodomorrazo.com. O sorteo dos premios en tarxetas regalo terá lugar o luns, 26 de xuño.

E por outro lado, ofrecer aos clientes e potenciais clientes do comercio local con crianzas a posibilidade de obter, mediante as compras, ENTRADAS para que os máis pequenos do fogar poidan asistir a UNHA GRAN FESTA final de campaña onde se dará a BENVIDA AO VERÁN e onde poderán disfrutar de: 

INCHABLES, ZONA DE XOGOS POPULARES, ZONA DE OBRADOIROS, DJ INFANTIL e remate final cunha FESTA DA ESCUMA.

A dinámica de participación para obter as entradas para as festas é moi sinxela, os clientes por cada compra mínima de 10€ recibirán un SELO, por parte do establecemento. Unha vez reunidos tres selos de tres establecementos participantes distintos (3 compras mínimo 10€), esa ENTRADA será válida para acceder á festa final de calquera das tres localidades.

Festas Infantís Benvida ao Verán

As festas de fin de campaña serán os seguintes días nas localidades indicadas:

  • Mércores, 28 de xuño nos Xardíns do Sinal en Cangas de 17:30 h a 20:30 h.
  • Xoves, 29 de xuño no Palco da Música en Moaña de 17:30 h a 20:30 h.
  • Venres, 30 de xuño na Praza Massó en Bueu de 17:30 h a 20:30 h.

Esta campaña está organizada por FECIMO, a través das asociacións locais ACIBU, ACICA e ACIMO, cofinanciada pola Xunta de Galicia, e conta coa colaboración dos Concellos de Bueu, Cangas e Moaña.

Histórico