• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

11

Xan

2020

NADAL 2019

Por, Fecimo Sen categorizar Comments: no comments

Un ano máis, o comercio do Morrazo asociado a FECIMO organizou a súa tradicional Campaña de Nadal que reparte cuantiosos premios entre aqueles que fan as suas compras no Comercio Local.

FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo organiza esta campaña que conta coa colaboración da Xunta de Galicia – a través da Dirección Xeral de Comercio – a Deputación de Pontevedra e  ABANCA.

Esta campaña conta coa participación de perto de 200 empresas, integradas nas asociacións locais de BUEU, CANGAS e MOAÑA, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.), que luciron as súas mellores galas cun material decorativo conxunto que presentou unha imaxe moderna pero que empregou as cores máis  tradicionais do nadal.

FECIMO lanzou no Nadal unha mensaxe claramente dirixida a reforzar a idea de que nestas datas, nas nosas rúas e nos nosos comercios, é onde residen as Estrelas do Nadal: Os nosos clientes.

Co slogan “Ti es a nosa estrela do Nadal” fecimo puxo en marcha a súa tradicional campaña de Nadal na que na primeira semana de Decembro os comercios recibiron o material para decorar os seus establecementos, así como elementos para a paquetería e bolsas especialmente deseñadas para o Nadal que reforzan a imaxe conxunta e o valor do tecido empresarial da contorna.

Esta edición da Campaña comezou o día 5 de Decembro de 2019 e rematou o día 7 de Xaneiro de 2020.

A campaña máis tradicional da federación, conta co sistema máis moderno de participación, un sistema sinxelo para os clientes, que garante que todos os premios se reparten entre as persoas participantes na campaña, e que se contacte de xeito doado cos/as premiados/as, sabendo no momento o establecemento que deu o premio.

A participación, coma nos últimos anos, realizarase a través duns códigos alfanuméricos que se deben rexistrar na páxina web: www.compranomorrazo.com, para saber no instante se hai premio ou non.

FECIMO puxo en circulación máis de 120.000 boletos con códigos que se puideron conseguir coas compras realizadas nos establecementos asociados a esta campaña dende o mércores día 5 de decembro de 2019, día no que se abriu tamén a web coa imaxe da campaña e que estivo vixente ata o día 7 de xaneiro de 2020.

A este sistema de sorteo puido accederse dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta, e para quenes non están familiarizados con estes sistemas, dende as oficinas da Federación e o comercio local, prestouse a axuda necesaria.

Repartironse máis de 8.000 euros en 109 premios directos e “Compras Gratis”.

Como novidade a Federación este ano decidiu incrementar a contía de Premios en 1.000 euros máis, crear unha maior contia de Premios e premiar as compras de Nadal para que algún clientes levasen as súas “Compras Gratis”.

Os premios foron repartidos do seguinte xeito:

6 PREMIOS DE 250 €

6 PREMIOS DE 200 €

12 PREMIOS DE 100 €

40 PREMIOS DE 50 €

45 PREMIOS DE 25 €

A Federación continúa con este reparto de premios tralo éxito acadado na pasada edición onde foi moi ben recibido o aumento do número de gañadores en tódalas vilas incrementando este ano o número de gañadores en 37 máis 13 compras gratis.

PREMIOS DOS PROPIOS ESTABLECEMENTOS

Novamente os Comercios Locais puideron alegrar dun xeito máis especial aos seús clientes coa aportación de premios dos seus establecementos.

Empregando os mesmos boletos e o sistema informático do sorteo dun xeito moi sinxelo, un cliente, deste xeito, participuo no sorteo proposto pola organización e ademais no sorteo do establecemento onde fixo a compra.

OUTRAS CAMPAÑAS