• EMAIL :

    fecimo@fecimo.es

  • TELÉFONO :

    +34 986 305 000

  • Dirección :

    Avenida de Vigo, 91 Baixo

17

Ago

2022

Un alto número de visitantes acode á Feira de Oportunidades do Morrazo en busca de “gangas”

Por, Fecimo Últimas Noticias, CAMPAÑAS Comments: no comments

Esta fin de semana a 17ª edición da FEIRA DE OPORTUNIDADES DO MORRAZO converteuse no punto de encontro de numerosos veciños e gran parte do turismo visitante da comarca.

Milleiros de persoas, como cada ano, se achegaron a este evento en busca de ofertas entre os 27 establecementos participantes, demostrando así a confianza no comercio local. O público amosouse satisfeito cos descontos que se ofreceron e puideron atopar verdeiras gangas en produtos de calidade.

As vendas destes tres días permitiron ás empresas expositoras baleirar os seus stocks e converlos en caixa para continuar cos seus negocios, adquirindo os artigos da vindeira tempada.

Aínda que o obxectivo do evento é a saída dos produtos almacenados e a transformación das mercadorías en efectivo, axudando ao financiamento das pequenas empresas, a feira tamén se contempla como unha ferramenta de promocion e presentación ao numeroso público que se apunta ano tras ano a esta cita co comercio local.

Foi ben notoria a relaxación nas medidas preventivas contra a Covid  e a multitude de eventos organizados este verán, xa que propiciou unha grande afluencia de visitas na comarca.

Nesta edición participaron un total de 27 empresas asociadas na súa maioría de Cangas, aínda que tamén asistiron establecementos de Bueu e Moaña. As empresas foron as seguintes: 7 Fresas, Aleali Zapatería, Atrezzo, Axeito, Blondie by Noe, Box Woman, Chester, Cinaniashop, Colors, Cousiñas de Kela, Din y Don, Duende, Foot on Mars, Informática Logos, Lencería Glamour, Lencería Irelba, M de Marta, Maikel y Best Sport, Melena de León, Mercaroupa, Mímate +, Nene´s Moda Infantil, Nöetta, OSBS Clothing, Pepeluchos, Rincón de Po e Tecnosat.

Estas empresas instalaron os seus stands en haimas individuais ao longo dos 1.200 metros cadrados aproximados do recinto, con gran esforzo pola súa parte, trasladando o material ofertado dende os seus comercios ata a feira, e desexando regresar coa menor cantidade posible.

Pechaouse así unha fin de semana de moitas vendas onde o comercio en xeral quedou satisfeito co balance final.

Feira organizada por FECIMO, a través da asociación ACICA e cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Histórico