Imprimir

Gala do Comercio do Morrazo 2015

Noraboa aos premiados con 1.000€ en cheques-compra na Campaña de Nadal das empresas do Morrazo

V GALA COMERCIO 412/01/2015 O sorteo final da Campaña de Nadal 2014/15 celebrouse onte en Cangas, en directo, no transcurso da V Gala do Comercio do Morrazo. Tres nenos do público subiron ao escenario como mans inocentes e premeron o botón da aplicación informática que lanzou aleatoriamente os nomes dos gañadores.

V GALA COMERCIO 6A Gala do Comercio do Morrazo, que se celebra anualmente e de forma rotatoria nos tres concellos (Bueu, Cangas e Moaña), celebrouse onte en Cangas ás 18:00h da tarde, tendo como presentador a Quico Cadaval e con actuacións muc¡sicais a cargo de Paula Madero.

Subiron tamén ao escenario o Presidente de FECIMO, Xosé Bangueses, a Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez e o Alcalde de Cangas, Enrique Sotelo. As verbas das autoridades coincidiron na posta en valor do traballo do pequeno comercio e a importante labor realizada pola asociación que os reúne. Agradeceuse tamén a presenza entre o público de representantes de ABANCA, entidade colaboradora.


V GALA COMERCIO 9Asimesmo, contouse coa asistencia de diferentes autoridades como a parlamentaria Berta Pérez, membros da corporación municipal de Bueu e Moaña e representantes de partidos políticos da comarca. Por parte do asociacionismo comercial contouse coa presnza da presidenta de FECOVI, Federación de Comercio de Vigo, Encarna Álvarez.

Como broche final á Campaña de Nadal foron entregados os premios de 100 e 200 euros aos gañadores da man dos comerciantes que lles deron a sorte. Aquí están os seus nomes:

PREMIO 100€ SUSANA DURAN IGLESIAS

ESTABLECEMENTO MERCA PRECIO MOAÑA


V GALA COMERCIO 10PREMIO 100€ MARIA DOLORES PÉREZ RIVAS
ESTABLECEMENTO PARAFARMACIA JOSE LUIS BOUBETA

PREMIO 100€ EVA CALVAR NÚÑEZ
ESTABLECEMENTO CENTRO DE ESTUDIOS CANGAS


PREMIO 200€ FRANCISCO CASTRO ALONSO
ESTABLECEMENTO DIN Y DON

PREMIO 200€ CARLOS PASTORIZA RODRIGUEZ
ESTABLECEMENTO ESCAYOLAS IGLESIAS

PREMIO 200€ LUCÍA COSTAS RODAL
ESTABLECEMENTO LUZADA

A Gala rematou co agardado sorteo dos grandes premios de 1.000 € en cheques compra. Cómpre salientar que participaban nese gran “bombo virtual” máis de 50.000 códigos. Dende FECIMO damos a noraboa aos agraciados e ás tendas que repartiron o premio, que foron:

KHRS9B -  Cecilia Pouseu Currás  - Mercaroupa Bueu  - Premio de 1000€ en Bueu

7K1P15 -  Carolina Refojos Malvido -  Mercaroupa Cangas -  Premio de 1000€ en Cangas

M9V01T -  Maria Nieves Rodríguez Villar -  Trasnos Calzado Infantil -  Premio de 1000€ en Moaña

Os premiados foron notificados por teléfono e terán un mes para canxear os seus cheques nas empresas participantes da Campaña de Nadal, un total de 200 empresas de Bueu, Cangas e Moaña, que se poden consultar neste enlace: 

http://compranomorrazo.com/establecementos-nadal-2014 

Faro de Vigo.- luns, 12 de xaneiro de 2015

Galería Fotográfica da Gala

Campaña de Nadal 2014

Quico Cadaval será o mestre de cerimonias da V Gala do Comercio do Morrazo

Todo listo para que este domingo se celebre a V Gala do Comercio do Morrazo

Os gañadores de 1.000€ na Campaña de Nadal reciben o seu premio da man dos comerciantes do Morrazo

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo