Imprimir
Dec
05

O comercio local do Morrazo comeza a repartir os seus premios da Campaña de Nadal 2016

adhesivo-def5/15/2016 A campaña estará activa ata o 9 de xaneiro e entregará máis de 6.000€ repartidos en 54 premios.

Volve tamén a exitosa xincana infantil ás rúas comerciais de Bueu, Cangas e Moaña, con animación final e premios para os cativos.

 

 

 

Luns, 5 de decembro de 2016


 cartel-def


Un ano máis, o comercio do Morrazo asociado a FECIMO está preparado para recibir o Nadal coa súa tradicional campaña que reparte cuantiosos premios entre aqueles que confían no comercio de proximidade nestas datas festivas. A organización corre a cargo de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia - a través da Direción Xeral de Comercio – a Deputación de Pontevedra e ABANCA.

Esta campaña conta coa participación de arredor de 200 empresas, integradas nas asociacións locais de BUEU, CANGAS e MOAÑA, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, estacións de servizo, etc.). Lucirán as súas mellores galas con material decorativo conxunto basado nunha imaxe chea de cor. O cartel deste ano representa un Nadal no Morrazo familiar, pois debaixo dos fogares están as tendas que cada día ofrecen os produtos e servizos que demandan os veciños e veciñas. Son os que nestas datas enchen de luz e cor as rúas.

Esta pasada semana os comercios recibiron o material para decorar os seus establecementos, así como elementos para a paquetería e bolsas especialmente deseñadas para o Nadal que reforzan a imaxe conxunta e o valor do tecido empresarial da contorna.

 

FUNCIONAMENTO

A pesar de ser a campaña máis tradicional da federación, conta cun sistema de participación modernizado, que se mellora ano a ano para que sexa sinxelo para os clientes, que garante que todos os premios toquen, que se contacte de xeito doado cos/as premiados/as, e que se saiba no momento o establecemento que deu o premio.


A participación será entón, coma nos últimos anos, a través duns códigos alfanuméricos que se deben rexistrar na páxina web: www.compranomorrazo.com, para saber no instante se hai premio ou non.


FECIMO pon en circulación mais de 100.000 boletos con códigos nas tendas do Morrazo, que se poderán conseguir coas compras realizadas a partir do luns día 5 de decembro, día no que se abrirá tamén a web coa imaxe da campaña. Estará vixente ata o día 9 de xaneiro.
Coma sempre, pode accederse ao sistema dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta. Para quen non este familiarizado con este sistema, prestarase a axuda necesaria dende as oficinas da federación.

 

PREMIOS

Repartiranse máis de 6.000 euros en premios. Os premios materialízanse en cheques-compra para utilizar exclusivamente nas empresas participantes e no prazo dun mes dende a finalización da campaña.

O obxectivo é que sexan premiados un gran número de veciños e veciñas por iso os premios directos serán así de repartidos:

3 PREMIOS DE 1.000 EUROS
3 PREMIOS DE 200 EUROS
3 PREMIOS DE 100 EUROS
45 PREMIOS DE 50 EUROS

Os de 50, 100 e 200 euros irán aparecendo ao longo de toda a campaña e os agraciados deberán identificarse nas oficinas de FECIMO presentando o boleto premiado.

É moi importante saber que todos os participantes, con premio ou non, deberán gardar os seus boletos, porque ao finalizar a campaña celebrarase entre todos os códigos rexistrados un GRAN SORTEO FINAL de 3 premios de 1.000 euros en cheques compra, un por localidade (Bueu, Cangas e Moaña). Será o mércores 11 de xaneiro nun ácto público.

 

DESCARGA AS BASES - DEPOSITADAS ANTE NOTARIO

 

cartel-xincana-2016 LargeACTIVIDADES PARA OS CATIVOS


E como non, os cativos tamén teñen o seu espazo no tecido comercial do Morrazo. Celebrarase a xa tradicional Xincana Infantil para nenos e nenas de idades comprendidas entre o 4 e 14 anos.
A proposta deste ano segue arredor da correcta utilización do noso idioma por parte dos participantes, buscando unha nova temática na que por en uso e valor o galego entre os cativos dunha maneira lúdica, con diversas preguntas a resolver visitando os establecementos comerciais e lugares emblemáticos das vilas.

Se en edicións anteriores os cativos se converteron en exploradores do noso patrimonio, en cazadores de palabras ben escritas en galego, ou en mini-chefs descubrindo a nosa gastronomía, desta vez a federación propón a cultura mariñeira como eixo da actividade, baixo o nome “Mariñeir@s a bordo!”

A federación aposta por probas que leven consigo un aprendizaxe para os pequenos e conta coa colaboración dos centros de ensino do Morrazo para a promoción da xincana. Dende FECIMO quérese agradecer aos colexios a súa colaboración para facer partícipes aos nenos deste xogo que sempre acada unha gran repercusión, movéndoos a eles e as súas familias polas rúas da contorna durante as vacacións de Nadal.

Os participantes levan consigo un mapa das tendas con pregunta ou proba a realizar e unha táboa onde anotar as respostas correctas. As datas para completar a xincana serán do 16 ao 29 de decembro.

Unha vez finalizado este prazo celebraranse nas tres localidades as festas de animación que poñen fin á xincana e nas que se sortearán os premios entre aqueles que lograron completar a táboa coas respostas correctas. Será unha tarde de actividades e música da que se dará máis información en vindeiras datas.

 

 MÁIS INFO AQUÍ

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo