Imprimir
Xan
02

ACTUALIZADO - A xincana infantil celebrará os sorteos de premios os días 2, 4 e 5 de xaneiro

sorteos xincana 302/01/2017 Organizarase un gran evento de animación en cada vila (Bueu, Cangas e Moaña), con xogos, obradoiros e moita música, sempre en torno á temática deste ano: a cultura mariñeira.

 

 

 

Luns, 2 de xaneiro de 2017


sorteos xincana 5O pasado xoves remataba o prazo para xogar na xincana infantil proposta por FECIMO e que contou coa participación de 22 establecementos en Bueu, 36 en Cangas e 37 en Moaña. Neste xogo especialmente deseñado para os cativos, debían responder correctamente a preguntas que atoparían nos escaparates, referidas este ano á cultura mariñeira.

Os nenos e nenas de entre 4 e 14 anos tiveron 14 días para escribir correctamente as súas respostas no folleto da campaña e depositalo en calquera dos establecementos participantes para entrar no sorteo de agasallos. A organización tamén habilitará unha furna nos eventos de fin de festa para aqueles cativos que aínda non o entregasen.

Os sorteos de premios e actividades de animación levaranse a cabo nas seguintes datas e emplazamentos:

- Luns 2 de xaneiro en Bueu a partir das 17:00h, na Praza do Concello

- Mércores 4 de xaneiro en Moaña a partir das 17:00h NO PAVILLÓN DE REIBÓN

- Xoves 5 de xaneiro en Cangas en horario de 11:00h a 13:00h na Alameda Vella (Aplazáronse para este día as actividades de animación e sorteos debido á chuvia)


Un amplo equipo de animadores da Asociación A Illa dos Ratos serán os encargados de dinamizar a contorna para que as familias se acerquen cos seus cativos. Haberá:

- Vestimenta de mariñeiro/a
- Obradoiro de Globoflexia
- Obradoiro de Coroas de Reis
- Obradoiro de Maquillaxes
- Obradoiro Pinta- Nadal
- Zona de xogos
- Disporase de Cartas de Reis e buzón para que os nenos escriban os seus desexos
- Gran espectáculo final con música e baile

Ademáis servirase unha CHOCOLATADA para todos os asistentes

Nun punto determinado da tarde realizarase en directo o sorteo de premios da GYMKHANA INFANTIL

No momento do sorteo, en cada localidade, a organización xuntará nunha furna todos os folletos recibidos e coa axuda dunha man inocente sacará os gañadores/as de:
1º Premio: unha Tablet

2º Premio: Unha gran cesta de Nadal infantil

Para estes premios non será necesario estar presente o gañador, posto que se intentará contactar por teléfono. Aínda así, para os nenos e nenas que estén presentes haberá outros premios sorpresa.

FECIMO prevé unha gran acollida destas festas de animación para toda a familia, con actividades para disfrutar o Nadal na rúa, sempre que o tempo acompañe. Vironse a moitos cativos estes últimos días percorrendo as rúas comerciais e buscando as probas que se lle propoñían.

A previsión de cambio ou suspensión da actividade realizarase a través da páxina de facebook “Vive O Morrazo”.

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo