Imprimir
Xan
10

Mañá mércores día 11 sortéanse os tres premios de 1000€ da Campaña de Nadal en FECIMO

SERGIO DEL RÍO - 200 - MERCAROUPA MOAÑA 1web10/01/2017 Sortearase un premio de 1000€ entre os paticipantes de cada localidade: Bueu, Cangas e Moaña. Xa foron entregados os outros 51 premios directos da campaña, en cheques compra de 50, 100 e 200€

 

 

 

Martes, 10 de xaneiro de 2017


Onte remataba a a Campaña de Nadal das empresas asociadas a FECIMO, que estivo en funcionamento dende o 5 de Decembro. Durante estas 5 semanas, preto de 6500 persoas participaron probando sorte nesta campaña, posta en marcha por 16º ano consecutivo e que sempre reparte cuantiosos premios entre os clientes do comercio e as empresas locais.

Este ano implicáronse un total de 169 empresas, repartindo códigos de participación durante estas datas festivas e dando a oportunidade de acadar algún dos premios directos da campaña: 45 premios de 50€, 3 de 100€ e 3 de 200€, todos en formato cheques-compra para o seu uso exclusivo entre as empresas participantes.

Agora só queda saber quen serán os premiados/as dos 3 premios de 1000€ que serán sorteados ó azar entre todas as participacións rexistradas que rondan as 50.000. Será nun sorteo aberto ao público que se celebrará o mércores día 11 ás 12:00h no salón de actos da federación. Estar presente non será condición para recibir o premio, pois o agraciado ou agraciada será contactado/a por teléfono de inmediato unha vez comprobados os seus datos no sistema.

É importante que todo aquel que rexistrase os seus códigos na web do sorteo durante a campaña non os tire e os conserve ata pasado o día 11 de xaneiro porque lle servirán como comprobante no caso de resultar gañador/a.

 

aviso-sorteo Large

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo