Imprimir
Xan
13

As premiadas con 1.000€ na Campaña de Nadal reciben os seus cheques-compra

cangas  Ana Currás Giráldez PEDRAS DE ALDÁN 1 web Large13/01/2017 O premio materialízase en cheques-compra para canxear exclusivamente nas empresas participantes na Campaña de Nadal, no prazo dun mes.

 

 

 

Venres, 13 de xaneiro de 2017


 

bueu Elena Paz Novas ES LAPAMÁN 6 web LargeDespois do agardado sorteo dos premios finais da Campaña de Nadal, celebrado este mércores 11 de xaneiro na sede de FECIMO, procedeuse á localización das tres gañadoras, pois este ano foron tres mulleres, para darlles a gran noticia: acababan de ser as gañadoras de 1000€ canda unha.

Na tarde do xoves procedeuse á entrega dos premios da man daqueles establecementos que lles deron a participación no sorteo. Dende FECIMO dase a noraboa a todos eles. O premio materialízase en cheques-compra para canxear exclusivamente nas empresas participantes na Campaña de Nadal, no prazo dun mes, ata o 11 de febreiro.

cangas  Ana Currás Giráldez PEDRAS DE ALDÁN 1 web LargePoderán gastalo todo nunha empresa ou repartilo entre varias segundo elas decidan. Como exemplo, a premiada de Cangas informou á organización da posibilidade de canxear o seu premio por unha viaxe en familia, contratado nunha axencia local.


Tal como se explicaba nas bases da campaña, sacáronse ao azar tres premios entre todas as participacións rexistradas en www.compranomorrazo.com: un premio polas empresas de Bueu, outro polas de Cangas e outro polas de Moaña. As tres gañadoras competían dentro dese gran “bombo virtual” con outras preto de 50.000 participacións.

moaña Blanca Romero Iglesias CHÉVERE 1 web LargeEstes tres premios poñen fin á campaña que este ano levou por nome “O Morrazo enche o teu Nadal”, e que repartiu máis de 6000€ en premios, repartidos en premios de 50, 100, 200 e 1000 euros a 54 persoas que nas datas do Nadal fixeron as súas compras na nosa comarca. Foi todo un éxito de participación por parte do público, nesta campaña con 16 anos de historia na comarca.

 

 

 

 

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo