Imprimir
Feb
09

Case 100 establecementos da comarca se suman á homenaxe a Rosalía de Castro

montaxe rosalia09/02/2017 Repartidos entre Bueu, Cangas e Moaña, os establecementos lucirán vinilos nos seus escaparates lembrando o 180 aniversario do nacemento da autora.

 

 

 

 

 

Xoves, 09 de Febreiro de 2017


 

montaxe rosaliaXOVES 9 FEBRERIO ÚLTIMO DÍA INSCRICIÓN - FORMULARIO AQUÍ

A piques de rematar o prazo de adhesión a esta campaña, xa son preto de 100 os establecementos comerciais e pequenas empresas que decidiron implicarse na homenaxe a Rosalía de Castro.

Lembramos que a mediados deste mes os escaparates ou portas ( segundo a súa preferencia) das empresas adheridas lucirán o retrato da autora xunto con estrofas dos seus poemas, referíndose ao seu 180 aniversario.

Os vinilos permanecerán visibles ata comezos de marzo, despois dos diversos actos que se leven a cabo por parte dos concellos e de diferentes asociacións culturais, conmemorando o nacemento da autora.

FECIMO pola súa parte lanzará un sorteo a través de Vive O Morrazo (unha comunidade con máis de 5000 fans) onde poder acadar un cuantioso cheque-compra e outras sorpresas.

 

O comercio da comarca sempre deu mostras da súa implicación coa cultura e de xeito habitual utiliza a súa proximidade coa comunidade veciñal para lanzar mensaxes tan importantes coma esta, lembrar que Rosalía de Castro é unha figura emblemática da nosa literatura.

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo