Imprimir
Xuñ
30

Cangas acollerá unha nova edición da Feira de Oportunidades do Morrazo

28-06-2017 - A Feira de Oportunidades do Morrazo acollerá a 31 empresas de Cangas, Bueu e Moaña que ofrecerán descontos de ata ó 70%

A alameda nova de Cangas do Morrazo será o escenario dunha nova edición da Feira de Oportunidades do Morrazo que este ano acada a sua 12ª edición.

 

 


  O pasado 21 de xuño presentouse a imaxe oficial do evento que xa se pode ver nos mupis da comarca e en carteis a gran escala e folletos informativos nas empresas participantes. 

 

    Unha nova edición con mais participantes e con moitos agasallos e sorpresas para os visitantes.

  

A organización da Feira de Oportunidades do Morrazo mellora a participación de expositores e descontos na súa 12ª edición, que se celebrará como ven sendo habitual nos Xardíns do Sinal (Alameda Nova) en Cangas os días 7, 8 e 9 de Xullo.

Os 31 expositores e expositoras que participarán neste evento reuníronse en FECIMO para ultimar os detalles dunha feira de calidade que agarda milleiros de visitantes.

 

 A carpa habilitada abrirá as súas portas o venres día 7 de xullo, e continuará aberta na fin de semana co seguinte horario:

Apertura - Venres 7: de 18:00h a 23:00h da tarde

Sábado 8 e Domingo 9: de 11:00h a 14:00h pola mañá e de 18:00h a 23:00h pola tarde.

 Os expositores veñen de sectores moi variados e valeirarán o seu stock con descontos de ata un 70%, segundo marcan as normas da organización. Será moi fácil facerse con verdadeiras gangas dado a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polas tendas locais.

Nomeamos a continuación os 31 participantes:

Moda Home/Muller e Complementos

  • Atrezzo
  • Axeito
  • Babel Zapatería
  • Box Woman
  • Carmen Davila
  • Coruxa
  • Glamour
  • Imagen Complementos
  • Merca Precio
  • Mercaroupa
  • Mercería Ramona
  • Mimá Zapatos
  • Óptica Studio
  • Oxford Boutique
  • Rincón de Po
  • Tiendas Pillados
  • Urban Circus
  • Zap Zapatería

Moda infantil

  • 7 Colores
  • Maxibebé
  • Trasnos, Calzado Infantil
  • Xoaniña

Beleza

  • Soapel Shop

Deportes

  • Deportes Dynamis
  • Deportes Oliver
  • Plusmarca

Equipamento do Fogar e Decoración

  • El Siete Cocina
  • Entorno-4, Interiorismo
  • La Sastrería, Decoración

Informática

  • Informática y Tecnología Logos

Mascotas

  • Bechos

 Como xa ven sendo habitual polo aprecio dos visitantes, a organización da Feira acordou continuar co reparto de agasallos para os que realicen as súas compras no recinto. Os expositores repartirán máis de 500 agasallos entre os seus clientes. Os premios estarán agochados nuns “rasca e gaña” que se entregarán coas compras. Anímase aos clientes a facer as súas compras nos primeiros días de feira dado que as existencias son limitadas.

Cómpre lembrar que a 12ª Feira de Oportunidades do Morazo está organizada pola Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo en colaboración coa Xunta de Galicia, Concello de Cangas e ABANCA.

LOCALIZACIÓN DA CARPA

 

 

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo