Imprimir
set
14

CASTING INFANTIL PARA AMODIÑA 2017

001O Mércores 13 tivo lugar na Sala Multiusos da Praza de Abastos de Moaña o Casting Infantil para a VI Pasarela de Moda do Morrazo: Amodiña. 

Na busca dos 34 cativos, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, para os pases de moda infantil, O Mércores 13 as 17:00H deu comezo o Casting infantil da pasarela Amodiña.

O Casting recibiu este ano a máis de 100 nenos e nenas dos 130 que encheron rapidamente o límite de participantes coas súas inscrición na web de Fecimo. Os pequenos mostraron as súas dotes de modelos para desfilar na pasarela ante un xurado profesional e independente que se achegou para resolver o Casting.

En Fecimo destacamos a boa acollida que ten ano a ano este casting Infantil no que ademais de ilusión a organización sempre ten algún agasallo con todos os pequenos que ata alí se achegan e que sempre fan de este Casting un momento moi significativo nos previos a propia Pasarela.

 

Sharesubmit to reddit

Escribir un comentario

hola


Código de seguridad
Refescar

Seccións Principais

asociadosnuevo
cursosnuevo
conveniosnuevo
bannerlateralinformacion
galeriasdefotos
axudaselexislacion
videotecanuevo
enlaceswebnuevo